domingo, 18 de octubre de 2015

Viladonga

    Despértome de novo, que dor de cabeza, vexo moi borroso todo. Outro día máis facendo o mesmo, que aburrido.. Ah non me presentei! Son Antía, una pequena nena de 13 anos, son loura, pequena, con ollos claros, pelo rizo, e son moi doce; e para que me coñezades mellor queríavos contar a miña historia.




Nacín en Castro de Rei, Lugo, exactamente no castro de Viladonga. É un pequeno castro rodeado por montes. Esta é a miña casa, nunha parte vivimos eu e os meus irmáns, noutra o meu pai e tamén o espazo común, e noutro temos a cociña, onde cociño eu co axuda de outras mulleres porque o meu pai non sabe.




A verdade é que vivo ben non me queixo, pero boto en falta moitas cousas, unha delas é a miña nai. Desapareceu cando eu tiña 6 anos, e non volvín a saber nada dela, só o que me falaron. Moitas mulleres dixeron que se foi cun home que ía a cazar aos nosos bosques e que pertencía a outro lugar. Pero iso non importa, o importante e que deixounos sós a min, os meus irmáns que tiñan 2 anos e ao meu pai. Pero a pesar diso, o meu país e nos volvímonos máis unidos que nunca. O meu pai é un home de 34 anos, moi forte e moreno, é moi importante no castro e non pode estar sempre connosco. O seu labor no castro son moitos, pero entre eles teñe o de caza, pesca, etc. E os meus irmáns son xemelgos, pero moi diferentes un teñe o pelo moi rizo e louro e o outro menos rizo e moreno. Teñen 9 anos, son uns travesos e por iso o meu pai sempre ten que ir con eles para que non se metan en problemas.




Pásome o día coas costureiras cosendo e cosendo días enteiros, porque aquí cando comezas a crecer tes que axudar, non podes ser inútil. Colocáronme coas mulleres este traballo pero sen dúbida é moi laborioso, moi monótono, non gústame facelo. Un día a semana teño libre para ir ao campo e o bosque e poder relaxarme. Por exemplo os meus irmáns van sempre ao bosque co meu pai e os demais homes do castro, que envexa... Pásanse o día no bosque a coller leña e pola tarde se achegan a un lago e mentres os homes pescan os meus irmáns descansan e báñanse. Oxalá eu puidera ir como van eles.
Hoxe é o meu día libre e non sei que facer, non me quero quedar soa no castro, e eles van volver ao bosque. E se vou con eles? Non vanme deixar ir.. Pero e se non o saben? Podería seguilos sen que se deran conta… vou facelo e vou desfrutar do lago!
Pola tarde…
-Antía imos ir a pola leña! – di o meu pai.
-Vale – contesto eu.
-Desfruta do teu dia libre neniña! – di o meu pai.
-Grazas! –contesto eu.
-Adioooos! – din os tres.
Prepárome as miñas cousas para pasar o día fora, sobre todo comida e bebida por se chego tarde. E quédome esperando e observando para que avancen un pouco para logo empezar a camiñar detrás deles de forma sixilosa. Despacito, eu espero detrás, a uns metros deles, sen facer ruído. Cando recollen leña escóndome para que non me descubran mentres a buscan.  Despois dun intre camiñando, cae una mazá ao meu lado, case na cabeza, me asusto moito e caigo! Nese momento os perdo, miro para todos os lados pero non os vexo. Salgo correndo para poder encontralos e os volvo a ver camiñando xa coas leñas para ir directos ao lago.






Pero de sócato se deteñen, e comezan a dar a volta e saio correndo e colócome detrás dunha árbore sen que me podan ver. Piso unhas ramas facendo un pouco de ruído, me van a descubrir, vanme a descubrir… Eles pasan por diante de min e non venme, menos mal se me chega a ver o meu pai.. E comezo a pensar que podo facer, o mellor sería que volvese ao castro porque eles van volver e estrañaranse se non venme , pero agora xa que levo medio camiño.. O que podo facer e continuar, chegar ao lago e volver rápido, así desfruto do día e non me descobren! E se tardo un pouco direi que me entretiven recollendo flores.


Comezo a andar entre as árbores polo camiño pero chega un momento onde o camiño se bifúcase en dous, quédome parada pensando a onde ir. Perdérame, no sabería ir nin volver ao lugar pero pensaba que o camiño correcto era o esquerdo polo que me contaran os meus irmáns. Fose ou non o camiño, xa non habería volta atrás porque comecei a andar sen parar. Trás unha hora sigo camiñando, equivocárame, ese non era o meu camiño, pero xa non sabería dar a volta e regresar, xa pasara moitas zoas iguais, debería continuar ao final.




Recoñezo o cheiro da auga ao lonxe, podería estar o lago preto, e entón corro todo o rápido que podo, e entre as árbores vexo moita luz, é o lago! Este lago tiña unhas vistas incribles, nunca vira un lugar tan fermoso coma el. Acerqueime a auga e metín un pé, estaba conxelada pero merecía a pena haber chegado ata aí. E tireime directamente a auga sen pensalo, e saín deseguido me arrepentía polo frío que facía.




Pasou un par de horas e comecei a preocuparme como podería volver, e vin un castro ao lonxe enriba dunha montaña, pensei que ese era o meu castro. E me dirixín ata el, o camiño non foi nada fácil, era moi distinto, tiña demasiadas pendentes e facían cansarme moito cada paso que daba. E se non chegaba a tempo a casa o meu pai non me deixaría saír nunca xamais. Debería apurar moito, sobre todo para que non anocheza, senón non podería chegar sen luz.
Un bo intre despois topeime cunha gran pedra, era un menhir, isto indicábame que non ía polo camiño correcto, xa estaba noutra zoa, pero seguía vendo aquel castro ao lonxe, e se fora o meu o non, debería chegar como fose porque a noite estaba apunto de caer.



A noite chegou, e con ela o frío e o medo, os ruídos extraños, etc. Pero estaba moi preto do castro, coloqueime a miña capa ben e seguín. Nese momento vin un camiño rodeado de murallas, e dirixínme cara el. Non víase moito, só unhas luces pequenas de dentro do castro que iluminaba tamén ese camiño de fora, parecía moi longo pero polo menos aí non tería perigo.



Atravesei dando toda a volta ao castro non atopaba ningunha porta de entrada, ata que cheguei a un punto onde non atopei saída. Oín uns berros, levantei a cabeza e un home subido a muralla estaba apuntándome coa súa arma. Levantei as mans e arrodilleime suplicando que non me fixera nada. O home escoitoume, e lle dixen que andaba buscando como pasar a noite porque me perdínme no bosque e pensaba que ese era o meu castro.



O home miroume estrañado, dirixín a vista ao meu carón e cando volvín a mirar cara el, xa non estaba, desaparecera. Xenial, xa non podería entrar e quedaríame soa.
De sócato susurráronme ao oído, din a volta e cun xogo de luces puiden ver a unha muller, moi parecida a mín na cara, de pelo moreno, longo. Sonrioume, e empecei a ver todo borroso.


Despertei, era todo un sono, non podía creer que vira a miña nai en sonos... 




Despértome de novo, que dor de cabeza, vexo moi borroso todo. Outro día máis facendo o mesmo, que aburrido.. Ah non me presentei! Son Antía, una pequena nena de 13 anos, son loura, pequena, con ollos claros, pelo rizo, e son moi doce; e para que me coñezades mellor queríavos contar a miña historia: A miña nai morreu cando tiña 6 anos, e desde aquela teño todos os días este mesmo sono...





No hay comentarios:

Publicar un comentario