lunes, 15 de febrero de 2016

Heroínas galegas

Como última entrada neste tema, quero facer un tributo as mulleres galegas. Porque sempre fálase dos heroes galegos, pero as mulleres? Non fumos importantes na recuperación, na evolución, etc de Galicia?
Eu penso que si, igual non fumos tan guerreiras, pero si fumos rebeldes, e revolucionámonos igual que os homes. Pero claro nesas épocas as mulleres só eramos mulleres...
Entón decido facer un salto no tempo, e ir ao máis lonxano de tempo que se saiba a existencia destas mulleres.
Vos deixo uns videos e uns enlaces por se queredes saber máis da historia destas mulleres.


1105 - Presenza de mulleres nos movementos de protesta pública.

Século XIII - Vive María Balteira, soldadeira que exerce o seu traballo nos reinos de Castela, Galicia e Al-Andalus.




Século XIV - Presenza de mulleres nos movementos de protesta pública; destaca María Castaña, muller traballadora dun gremio en Lugo.

Século XV - Presenza de mulleres nos movementos de protesta pública. Vive na segunda metade de século Constanza de Castro, a filla rebelde do Mariscal Pardo de Cela.

1589 - Defensa das costas galegas fronte aos ataques ingleses; destaca María Pita





1600 - De novo as costas galegas están ameazadas por corsarios e piratas; ante esta situación, as mulleres volven ser protagonistas da súa defensa, como é o caso de María Soliño en Cangas (O Morrazo).

1763 - Toma corpo un novo motín ludista en Redondela, mulleres de mar desta vila revélanse contra os fomentadores de Vigo.

1806 - Nace Juana María de Vega Martínez, quen chegará a participar activamente da vida política do Estado e dará corpo a novas propostas de carácter social. 

1851 - Nacen Concepción Sáiz (22 de maio), e Emilia Pardo Bazán (16 de setembro), ambas as dúas ocúpanse da defensa e promoción das mulleres.

1875 - Nace María Vinyals y Ferrés en Mos, quen participará na polémica feminista do seu tempo.

1906María Araújo, que chegará a ser coñecida como María a Guerrilleira, emigra coa súa familia a Cuba. 

1911 - Nace en Cambados Nieves Fariza Alonso, que chegará a ser coñecida como «A Pasionaria Blanca» polo seu traballo no campo laboralista. 

1912 - Créase en Ferrol o grupo anarquista feminino A Antorcha, entre as súas membros está Amalia Fraguela.

1916 - No mes de outubro, na parroquia de Nebra, a veciñanza amotínase e négase ao pago dos tributos extraordinarios impostos polo concello de Porto Son, a resposta da Guardia Civil tradúcese en varias mortes, entre outras a de Francisca Carou, Rosa Cadórniga, Generosa Vidal e a de Ramona Suárez.




1922 - Morre asasinada Cándida Rodríguez, «Mártir de Sobredo», nas loitas pola abolición dos foros. 

1941 - No traballo a prol de Galicia en América vai ser moi intensa a actuación de mulleres galegas, como Maruja Mallo.

1945 - Morre en Lugo a activista antifascista Urania Mella.

1970 - Esposas de traballadores da Bazán encérranse na igrexa de San Xulián para reclamar melloras laborais para eles. 

1985 - Mulleres de Ferrol vinculadas con traballadores de ASTANO protagonizan varias accións en contra do peche do estaleiro. 




1989 - Folga de traballadoras do sector téxtil na Coruña. E o pasamento de Enriqueta Otero, defensora dos dereitos civís e guerrilleira republicana.

Xa sei que visto así é un lío de nomes, datas, etc. Pero isto foi o máis importante que atopei e considero que como muller, nós tamén somos rebeldes e xa que os nomes non nos soan moi a menudo. 
E por iso quixen facer este traballo, o último non é o menos importante, e oxalá se reivindiquen as accións destas mulleres que fixeron tanto por Galicia e por mellorar unha situación de exclusión de Galicia e tamén de das mulleres.
Son as nosas heroínas, grazas a elas!

Pois así sabedes quenes foron, e para que os quededes mellor coas súas caras, fixen xa coma sempre un video: https://www.wevideo.com/view/586478296







domingo, 7 de febrero de 2016

Don Roldán e as princesas

Sei que echábades de menos as miñas lendas... e por iso quixen volver a buscar unha lenda onde Galicia quedara ben. Pero tamén que tivera algo de realidade.

Entón atopei unha historia onde os galegos loitaron polos seus intereses, nos que tardaron pero o conseguiron e non se rendiron. E como todas as historias, tamén teñe algo de ficción.
Bueno non me "enrolo" e cóntovos o que atopei:

Cando os moros chegaron a España, expalláronse por toda España, pero sen embargo os galegos foron os únicos que quedaron libres dos ataques dos moros xa que loitamos con moita valentía.




Algunhas veces os moros intentaban chegar ata Galicia e metíanse nalgunhas zonas, pero os expulsaron. Tamén intentáronno con Asturias e León.
Os moros eran moitos máis en cantidade, e os galegos non estaban nin moi preparados nin eran suficientes, entón trás moitas loitas, nas que unhas perdíamos e otras gañábamos.
Como a famosa loita de Covadonga:



O rei Alfonso II tiña unha corte en Asturias e entón pediu axuda a un rei de Francia, que foi Carlomagno, entón decidiu venir a axudar aos galegos, e trouxo moitos guerreiros que foron os doce Pares de Francia, que supostamente eran invencibles.
Cando os moros tentaron volver a invadir, trás ver a axuda que recibiu de Francia, tiveron medo e retrocederon. 
Pero de forma cobarde intentaron loitar e invadir unhas pequenas vilas, pobos, nos que estiveran indefensos e destrozar todo o que tiveran ao seu alcance.
Entón aquí veñe a lenda, se di que os moros colleron prisioneiros e entre eles colleron tres princesas para que foran rehenes.
A partir dese momento formouse un exército que incluía Galicia, Navarra, Aragón, Asturias e Castilla
Pero a Galicia non viñeron a axudar moitos franceses porque foi suficentemente forte para aguantar por sí mesmos as loitas. Pero o pequeno grupo que viña, estaba dirixido por Don Roldán (o sobriño de Carlomagno) que foi un dos máis valentes dos doce Pares.
Os moros foron perdendo e retrocederon ata Valdeorras, pasando polo río Sil, e colocáronse en lugares estratéxicos entre as montañas.
Pero Don Roldán enterouse de que os moros tiñan as tres princesas secuestradas entón quixo ir a liberalas.
Pensou que as levarían a un castelo, non monte, no lugar chamado Castro da feligresía de San Bernabe de Valenza.
Intentou pasar un río cuns cabaleiros valentes, pero o río era moi profundo e entón tiveron que dar a volta, incluso algúns cabaleiros afogáronse.
Entón Don Roldán, coma se fose un milagro, colleu o seu cabalo e atravesou o río para ir ata o castelo. O cabalo deu un gran salto e quedou xusto ao outro lado do río, en fronte do castelo.
Os moros, cando veron tal milagro, asustáronse e escaparon e deixaron aos prisioneiros e as tres princesas, pero como consecuencia ao non poder levalas os magos convertéronnas en pedras.
E alí están os tres cuarzos blancos clavados no solo.

Para que entendades mellor a historia e os metades en situación os deixo un video feito por min:  https://www.wevideo.com/view/580627054

Bueno, esto o fago para que aínda que sexa unha lenda, que se vexa a importancia que ten Galicia na historia. Que non somos un pobo sen historia, nin débil. Nós nos resistimos, con o sen axuda pero non nos deixamos dominar. E para que se vexa dunha forma distinta, a partir dunha lenda, a verdade do pobo galego. Que aínda que se sepa pouco dela, temos historia como calquera outra provincia, e sempre estamos ahí, non máis tempo na oscuridade...