sábado, 28 de noviembre de 2015

Mestura de ideas

Este traballo consiste nunha mestura de ideas, experiencias, que quero compartir con vós sen que se me quede nada por dicir.


  • Información atopada

Trás moito tempo de investigación, de revoltas, de papeleo, conseguín algunha información e algunha fotografía que proporcionoume a miña avóa. E como quedeime descontenta polo mal traballo sen información, vou poñer o que encontrei. 
Unhas fotografías que conseguín foi do meu bisavó paterno Mario Caneiro, que naceu en Ferrol e por él a miña familia acabou máis tarde toda en Ferrol, como xa contei anteriormente. 
Esta fotografía é das rondallas de Ferrol de 1936, uns meses antes de que estalase a guerra civil.



É o home que está na parte esqueda, na primeira fila, no asento da dereita de todo.
Tamén outra foto que atopei do meu bisavó, que é o home da dereita.


E tamén a miña avóa gardaba un papel no que aparece unha frase que se dicía moito a escondidas na guerra civil, que explicoume que cita a moitas personas que participaron nela como forma de rirse deles.



Pero este traballo non é relacionado só co meu bisavó, tamén quero facer unha reflexión de por qué todos os meus compañeiros coma eu tiveron dificultades para facer este traballo.

  • ¿Por qué segue a ser un problema falar deste momento?



Pensei detidamente de por qué a miña avóa non quería contarme nada, sin que puxera datos no meu traballo, incluso tamén falaba co meu pai a escondidas do que pasou sen contarmo a min. Polo que reflexionei, penso que o medo que tiveron polos seus familiares do que pasaron lles impide falar con naturalidade. Incluso teñen medo das represarias que poderían ter se contaran como foron as cousas, como tiveron que axudar aos guerrilleiros, etc. Pero non o entendo, porque no século XXI ninguén, nin os avós, nin nós, deberiamos ter medo a que esas experiencias que tiveron sexan contadas e compartidas para que de verdade de unha vez saibamos unha version completa da situación que viviron. E por esta situación síntome moi disgustada de que seibamos a verdade a medias. 

Trás esta reflexión decido falar dun familiar máis cercano que é o meu avó xa que conto de máis información.

  • Vida dun avó calquera.

O meu avó Juan Cinza Martinez naceu o 7 de Xulio de 1941 en Ferrol, os seus pais Carmen Martinez (a miña bisavoa) e Juan Cinza (o meu bisavó) eran de Doso. Carmen morreu no parto, e só conservaron unha foto dela, que está en posesión da miña avóa actualmente.



Juan quedouse co seu pai, e este traballaba no antiguo bazán de Ferrol, de carpinteiro. Aos anos seguintes casouse cunha muller chamada Erminia, e anos depois tiveron unha filla chamada Mª Dolores, que foi a súa hermanastra.
Juan e Erminia foron do bando republicano, e como xa contei na entrada anterior disparáronlle nunha perna, e cando tiveron a oportunidade emigraron a Montevideo (Uruguay) e ademais na posguerra pasaron unha mala situación. 
Cando foron a Montevideo o meu avó Juan tiña 8 anos, e quedouse ata os 16 alí. O meu avó contaba que vivían moi ben, xa que o seu pai consiguíu un traballo de constructor, e chegou ata ter moitas propiedades e xuntarse con moito diñeiro. 
Un día Erminia, Juan e Mª Dolores quixeron volver xa que Juan tiña que quedarse alí polas posesións que tiña. Que xa ao pouco tempo falecería alí.
Ao volver a Ferrol o seu pai tiña firmado un papel conforme Juan tiña que cumprir o servicio militar, xa que era menor de idade, entón entrou na infantería de marina. Esta é a primeira foto que tivo no servizo.


Mandóronlle a San Fernando a facer un periodo de instrucción de tres meses. No que recollín unhas cantas fotos del.


É o home da dereita.


É o home que está de pé á esquerda.

Aos tres meses destiráronlle a Cartagena, e alí colleu a fiebre tifoidea e tivo que estar ingrasado bastante tempo no hospital. E por sorte conseguín unha foto do meu avó ingresado e podemos ver a mala situacións dos hospitais.


Cando cumpríu a maioría de idade decidíu marcharse, aínda que máis tarde arrepentiríase xa que recordou esa etapa con moito cariño, e fixo moi bos amigos.
Aos 25 anos, comezou a traballar de camarero nun bar de Ferrol, e un día na Cabana, o 13 de Xunio, era o patrón e asomouse cos seus amigos a unha muralla que tiña ventás (que agora xa non existe) e trás ela veu a unas mulleres, e nese grupo, estaba a miña avóa.
Aos 27 anos entrou na que é a bazán moderna como soldador, é ata aí comeza a súa vida e continúa a vida coa miña avóa ata chegar a min o día de hoxe.


Sén dúbida entre todas as vitudes que tiña, foi un home moi elegante e deu todo pola súa familia.


domingo, 22 de noviembre de 2015

Unha parte da miña familia...




Este traballo carece de moita información, xa que a miña avóa non se acordou, e tampouco quixo desverlarme moitas cousas. Entón teño tres historias diferentes dos meus familiais:

  • A primeira historia:

Comezo falando do que foi o meu tataravó, que chamábase Román Cota naceu en Monforte de Lemos (Lugo) como traballou de xefe nos altos fornos, foi destinado ao País Vasco (Vizcaia) , que foron os primeiros que se fixeron en España.



 Alí coñeceu á súa muller Modesta López que nacera en Burgos pero por motivos familiais de traballo foron a vivir alí entón coñecéronse. Casouse e tivo tres fillas, dúas dás cales morreron e quedou Aurora Cota López que é a miña bisavoa.
Un día cando Aurora era pequena quixo tomar chocolate, e Román foi ao refuxio que tiñan ao lado coa mala sorte de que unha bala perdida alcanzoulle morrendo no acto en Sestao.
Aurora casou con Mario Caneiro (o meu bisavó) que era de Ferrol, pero destináronlle a Bilbao pola guerra. E casáronse o 15 de abril do 1939 viñendo para Ferrol a vivir. Por iso a miña familia quedouse definitivamente en Ferrol.

  • A segunda historia:

Os irmáns dos meus tataravós chamados Pepe Cota e Constante Cota foron do bando roxo, eran maquinistas navais. A miña familia estaba dividida nos dous bandos, e como estes foron moi perseguidos. Un bo día colleron un avión militar (coñecían como pilotalo) e fuxiron ata Francia, quedando a vivir alí, e non volveuse a saber nada deles.

  • A terceira historia:

O meu bisavó foi Juan Cinza e naceu en Doso, e atopábase tamén no bando roxo, e por iso unha vez mutiláronlle na guerra e disparáronlle nunha perna, no xemelgo, pero seguiu vivindo. 
Casou con Carmen Martinez (a miña bisavoa) e tiveron un fillo chamado Juan Cinza Martinez (o meu avó) pero Carmen morreu no parto. 
Foron perseguidos e tiveron que emigrar a Montevideo (Uruguay). O meu avó estivo dende os 6 anos ata os 15, e regresou a España porque o seu pai obrigoulle a cumplir o servizo militar, cando o cumpliou volveu a Montevideo e Brasil uns anos, regresando máis tarde a España.


Por se non podedes ver a presentación os deixo aquí o enlace:

https://prezi.com/jy3rs3aausdz/unha-parte-da-mina-familia/?utm_campaign=share&utm_medium=copy#

domingo, 15 de noviembre de 2015

O paraíso verde perdido. Guinea.

Vouvos contar como a miña familia chegou a Guinea. Isto está retratado nun libro que escribiu o primo da miña avoa, que se chama "O paraíso verde perdido Guinea".






Primeiro quérovos ensinar as persoas que participaron nesta historia, e para que saibades quen é o autor:



Julián García (o meu bisavó)  tiña un irmán (Pepe) e (Fernando Paz) coa súa muller (Clotilde).
E Antonia Gimeno (a miña bisavoa) tiña unha irmá (Pura) co seu marido (Fernando). Pura e Fernando tiveron un fillo chamado Fernando, “Fernandito”, que é o autor do libro.
Todos eles e máis os seus fillos, e demais irmáns, primos, etc viviron en Guinea, e todos eles foron de Barcelona.

Agora vou contar a versión da vida de Fernandito:

Fernandito naceu no ano 1932, en Barcelona, igual ca toda a súa familia. Vivían na calle Corríbia (que agora é a Plaza Nova).
Un día ao seu pai despedírono no Liceo (xa que foi tenor) porque cerraba o Liceo, e nese mesmo día empezouse a oír unhas explosións que o despertaron. Cando foron a mirar, estaban bombardeando toda a calle e todos os edificios estaban derrumbados. Entón escondéronse nun bar desa calle.
Por sorte o seu edificio foi o único que quedou en pé, pero expropiaronlles a casa e derrumbáronna ao pouco tempo.

















Aquí conta como produciuse estes bombardeos.






Instaláronse nunha masía grazas á súa tía Clotilde, a masía estaba lonxe de Barcelona, cerca dos Pirineos. Como alí non tiñan escolas, Clotilde tivo que ensinarlles a leer e escribir.
Pero a vida alí non foi tranquila, estaban preto do "Campo da Bota" onde fusilaban polas mañás aos presos do bando de Franco. E os avións do chamado Exército Nacional, ían de vez en cando a arrasar zonas como represaia.
Un día viñeron a buscar ao seu pai para incorporarse ao frente.
As tropas acercábanse, entón tiveron que volver a mudarse, esta vez a casa do tío Pepe. Conta que foi a peor época da súa vida, porque tivo pulmonía e pleuresia doble.
Trás a guerra, recibiu noticias dos seus curmáns, que non sabía nada durante a guerra.
E un día, Julián (o meu bisavó) que traballaba no Banco exterior de España, ofreciéronlle un posto en Fernando Poo (Guinea) e un traballo de carpinteiro ao padre de Fernandito, e así fóronse todos.
En maio de 1942, embarcaron todos no Dómine, rumbo a Santa Isabel, o viaxe durou 26 días.
Foron a vivir a tres casas pegadas, e cada unha tiña servicio, que eran unha familia de africáns que se lles pagaba co aloxamento, comida, etc.
A súa avoa dedicábase alí a curar aos africáns gratuitamente a base de herbas e plantas, tiña un gran coñecemento e foi coñecida en todos os lugares por iso.
Leváronno á Misión, onde vivían os indíxenas internos, e os chamados "brancos externos" onde tiñan aulas, talleres, etc.
En 1943 inauguraron o Instituto Colonial, e empezou o bachiller no 1944, onde foron 11 brancos e 10 nativos.
Conta que o maior problema foi a salud, por vivir en condicións no recomendables, e a cantidades de enfermidades , etc. Incluso os perigos de que por exemplo un día vivíu un tornado que arrancou o teito do traballo do seu pai.
Explica que o primer atraco que tívose constancia na illa foi o da súa nai, onde un nativo echóulle aceite e picante nos ollos e quitoulle o bolso.
Como en Guinea non puido seguir cos seus estudos, os seus pais enviáronlle a Barcelona para facer o exame de Estado, pero foille imposible por faltarlle medio pulmón das enfermidades que tivo durante a Guerra Civil.
Chegou a hora da mili, ía pola mañá de sete a dez a Punta Fernanda, e pola tarde ía de catro a seis, durante os tres meses que durou a mili.
Despois da mili, conseguiu que formaran seis equipos de baloncesto e tres campos. Él entrenou ás mulleres tres tardes e aos homes todas as tardes. E tamén conseguiu un traballo como secretario do Casino de Fernando Poo.
Ata que empezou o medo de que Nigeria puidera reivindicar os dereitos da illa. E decidiu volver a España, deixando ao resto da familia alí.

Aquí tedes un video con algunhas fotos do libro:
Fago unha corrección grazas ao comentario do autor que aparece no vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=WZgvuKGShdo&feature=youtu.be







domingo, 8 de noviembre de 2015

Calendario celta galego

Tiven certos problemas para facer a presentación pero aquí a tedes (aínda que non se vexa moi ben). A fixen para innovar na informática e nas presentacións por medio de videos, e tedes toda a información restante a continuación.

https://www.youtube.com/watch?v=Tcr1fLguD6o

Quero facer unha comparación entre o calendario celta galego, e como celebramos esas festas na actualidade.
Comecemos falando de como era o calendario celta.
Este calendario está dividido nos Sabbats (año Wiccian) e cóntanos a historia de deus do inverno e a deusa do verán. que son os distintos momentos e datas do calendario. 
Podemos dividilo en Sabbats maiores e menores:

Os sabbats maiores están determinados polos solsticios e equinoccios, que fan as estacións. Estas datas son:

  • O samhain: Se fai o 31 de Octubre, é unha das fechas máis importantes. É o festival do fogo e representa a morte do Deus para logo renacer, marcando o fin do ciclo. Nesta celebración invócase aos espíritos amigos tratando de conectar cos amigos e familiares falecidos, e poñen na mesa un prato máis para eles.




Pero na actualidade o Samhain en Galicia é diferente e está relacionado coa lenda da Santa Compaña. Chámase “o día dos mortos” e a xente o celebra de diferentes maneiras. Por exemplo é normal o magosto onde as familias e amigos xúntanse e asan castás. Pero tamén é moi común o Halloween que é propio por exemplo de Estados Unidos pero os nenos pequenos disfrázanse, decoran calabazas, etc.





  • Imbolc: Se fai o 2 de Febreiro, no medio do solsticio de inverno e primaveira, porque a natureza comeza a espertar. O orixen desta festa é que se celebra a festa de Brigantia onde a deusa volve ao inframundo.




Pero na actualidade, para os cristiáns é a festa da Candelaria onde se soe realizar no sur. A xente colle leña, romeu, etc e fan unha fogueira e bailan entorno a ela. Tamén reúnense as familias, amigos, veciños para comer e reunirse entorno a foguera.




  • Beltane: Se fai o 1 de Maio. Simboliza a unión sexual do deus e da deusa, na que queda emabarazada e polo tanto a primaveira alcanza o seu punto máis alto. Tamén teñe unha relación agrícola.





Na actualidade non sábese moi ben como se realiza esta festividade. Pero antigamente se facían duas fogueiras e facían que as vacas pasaran por en medio delas para dar sorte. E actualmente se soe facer tamén esta costume pero en moi pouca medida, casi nin se coñece.




  • Lammas ou Lughnasadh: Se fai o 1 de agosto. Se celebra a fertilidade da deusa, e está relacionada coa primeira colleita. Identificouse co deus celta Lugh.



Na actualidade en España non se celebra, pero por exemplo en lugares como Perú si.



E os sabbats menores están basados nas antigas festas populares.

  • Yule: Se fai o 21 de Decembro, é o momento onde comeza o inverno, que é o renacemento do deus. O celebraran queimando troncos de Yule nunha fogueira como se fose un agasallo para os Deuses.




Pero na actualidade o coñecemos porque é o día que ten a noite máis larga e menos horas de luz. Onde os cristiáns celebramos o 24 que é o día de Noiteboa onde é a víspera do día de Navidad. E o 25 de decembro que é o nacemento de Xeús entón é o día de Nadal. As familias, estos dous días soen reunirse xuntas a comer.




  • Ostara: Se fai o 21 de Marzo. É o equinocio de primaveira, cando a noite é o día son iguais. Veñe da lenda dunha deusa nórdica chamada “Eostre”, e facíanlles ofrendas colocando flores e quemaban incensos de flores.




Na actualidade non se celebra ningunha festa relacionado co inicio da primaveira.

  • Litha: Se fai o 21 de Xuño. É o solsticio de verán, é o día máis longo do ano e comeza o verán. Sinmboliza que como a deusa está embarazada, está no momento medio do embarazo, sendo o momento máis glorioso.




Na actualidade corresponde á noite de San Xoan que é o 24 de Xuño, no que se vai por exemplo a unha praia o a un campo e fanse unhas fogueiras. Porque simboliza que é o momento no que o sol (o lume) está máis potente e cando pasen os días perderá intensidade. A tradición é saltar sobre o lume e pedir un desexo, e tamén tirar papeis con propósitos para que se cumpran.




  • Mabon: Se fai o 21 de Septembro. É o equinocio de Outono, onde se fai o segundo festival da colleita. Simboliza a época onde o deus prepárase para morrer en Samhain. É dos últimos días onde o día e a noite teñen a mesma duración, e entón comeza todo a decaer, e celebraran o día cun banquete de cereais, froitas, etc das suas colleitas.




Na actualidade nesta data celébrase a festa de San Mateo, polo apostol Mateo. Dase en todos os lugares de España. Por exemplo aquí en Galicia se fai unhas festas con música, ambiente, etc.



En conclusión, a maioría das nosas festas teñen un por qué nunha orixe lóxica, e como os nosos antepasados foron celtas, deixáronnos unha cantidade de celebracións como poden ser estas. E que a día de hoxe, aínda que son diferentes, seguen tendo esa esencia relacionada cos celtas. E ademais as datas son moi similares as nosas polo que terían unha gran orientación co tempo similar a nosa. Sin dúbida é incrible.

domingo, 1 de noviembre de 2015

Panteón Galaico


Fixen unha presentación, pero por se non podemos vela, os deixo aquí o que puxen nesa presentación. E amplío un pouco de onde proceden.

O panteón galaico é o conxunto de divinidades de orixe galaico, con influencias celtas, romanas,etc.
Existen moitos, pero vou destacar só algúns:


  • Boruoboendua:
Tamén chamado Borvo o Vabusoa, é unha divinidade asociada coa curación e coas augas. 


Encontráronse varias inscripcións dedicadas a este deus en Caldas de Vizella.
Cóntase que un día este deus foi tirar auga, e as ninfas o raptaron. Tamén que morreu nunha cacería. Entón cada ano, nos tempos de colleita celébrase a súa morte con lamentos e con flautas.


  • Lug:
Deus soar por excelencia, asóciase á prosperidade, ao comercio, e aos oficios artesanais. A súa figura asóciase coa lanza. Este deus é moi común nos pobos celtas galegos.
Conta a lenda que o seu avó "Balor" case o mata cando Lug nace, existe unha profecía onde o un neto do avó asesinou o avó entón levou a súa filla a unha cova onde foi seducida e tivo fillos. Lug escapó do seu avó cando era pequeno e creció cun deus guerreiro.
Tamén o día 2 de fevreiro dedícase a festa da Vendiminia a este deus.


                            


  • Tameobrigo:
É o deus dos ríos. Podemos encontrar ríos en Galicia coa raíz do nome deste deus, como o Tambre, E en Europa como o Támesis. Tamén é o deus protector da tribu.


Tense constancia deste deus por unhas escrituras en Varzea do Douro.

  •  Berobreo:
É o deus do Alén (o outro mundo na mitoloxía galega). A porta do Alén encóntrase na Serra do Cando, no monte Seixo. É un conxunto de rochas que  según a mitoloxía, é unha porta ao mundo dos mortos. Débese pasar por ela para comunicarse cos mortos e alí preguntar o que se desexe. O vento dará a resposta ao que se pregunte. Terás que volver a saír pola porta senón quedaremos no mundo dos mortos para sempre, e débese levar unha ofrenda.




O maior templo a este deus encontrado, está en castro do Facho de Donón, na Península de Morrazo. Onde encóntranse estas escrituras do deus.




  •  Coventina:
É una deusa celta e galega, que está relacionada coa fertilidade e a abundancia. Está vinculada ás ninfas da auga. Está relacionada coa lenda de se tiras unha moeda a un pozo os teus desexos se fan realidade, porque esta deusa ten relación coa auga e por iso moitos pozos levan o seu nome.



En Carrawburgh, condado de Northumberland, atópase un templo na súa honra, onde se atoparon gran cantidade de restos arqueolóxicos.




  • Endovelico:
É o deus da curación e dos vaticinios. Mostrábase en soños da xente, polo tanto tamén sería deus dos soños.


Este deus ten o seu santuario en Sao Miguel da Mota onde se atoparon estas inscripcións e estas esculturas.





     Existen moitas lendas, historias, libros, festas etc sobre el como podemos ver:


                        

  • Bandua:
É o deus galaico da guerra. Atrae aos seus inimigos facendo creer que está preso. En Eiras consérvase unha escritura adicada ao deus Bandua. Se dí que tiña connotacións escuras referidas ao físico (deformación, fealdade, etc)
Atopáronse moitos lugares de culto deste deus pero podemos destacar un que é Eiras, no concello de San Amaro.




  • Bodán:
Wotan ou Bodán é o rei de todos os deuses, é un gran mago druída, deus do sol do día e do sol da noite, deus dos guerreiros e deus dunha parte dos mortos.