lunes, 15 de febrero de 2016

Heroínas galegas

Como última entrada neste tema, quero facer un tributo as mulleres galegas. Porque sempre fálase dos heroes galegos, pero as mulleres? Non fumos importantes na recuperación, na evolución, etc de Galicia?
Eu penso que si, igual non fumos tan guerreiras, pero si fumos rebeldes, e revolucionámonos igual que os homes. Pero claro nesas épocas as mulleres só eramos mulleres...
Entón decido facer un salto no tempo, e ir ao máis lonxano de tempo que se saiba a existencia destas mulleres.
Vos deixo uns videos e uns enlaces por se queredes saber máis da historia destas mulleres.


1105 - Presenza de mulleres nos movementos de protesta pública.

Século XIII - Vive María Balteira, soldadeira que exerce o seu traballo nos reinos de Castela, Galicia e Al-Andalus.




Século XIV - Presenza de mulleres nos movementos de protesta pública; destaca María Castaña, muller traballadora dun gremio en Lugo.

Século XV - Presenza de mulleres nos movementos de protesta pública. Vive na segunda metade de século Constanza de Castro, a filla rebelde do Mariscal Pardo de Cela.

1589 - Defensa das costas galegas fronte aos ataques ingleses; destaca María Pita





1600 - De novo as costas galegas están ameazadas por corsarios e piratas; ante esta situación, as mulleres volven ser protagonistas da súa defensa, como é o caso de María Soliño en Cangas (O Morrazo).

1763 - Toma corpo un novo motín ludista en Redondela, mulleres de mar desta vila revélanse contra os fomentadores de Vigo.

1806 - Nace Juana María de Vega Martínez, quen chegará a participar activamente da vida política do Estado e dará corpo a novas propostas de carácter social. 

1851 - Nacen Concepción Sáiz (22 de maio), e Emilia Pardo Bazán (16 de setembro), ambas as dúas ocúpanse da defensa e promoción das mulleres.

1875 - Nace María Vinyals y Ferrés en Mos, quen participará na polémica feminista do seu tempo.

1906María Araújo, que chegará a ser coñecida como María a Guerrilleira, emigra coa súa familia a Cuba. 

1911 - Nace en Cambados Nieves Fariza Alonso, que chegará a ser coñecida como «A Pasionaria Blanca» polo seu traballo no campo laboralista. 

1912 - Créase en Ferrol o grupo anarquista feminino A Antorcha, entre as súas membros está Amalia Fraguela.

1916 - No mes de outubro, na parroquia de Nebra, a veciñanza amotínase e négase ao pago dos tributos extraordinarios impostos polo concello de Porto Son, a resposta da Guardia Civil tradúcese en varias mortes, entre outras a de Francisca Carou, Rosa Cadórniga, Generosa Vidal e a de Ramona Suárez.




1922 - Morre asasinada Cándida Rodríguez, «Mártir de Sobredo», nas loitas pola abolición dos foros. 

1941 - No traballo a prol de Galicia en América vai ser moi intensa a actuación de mulleres galegas, como Maruja Mallo.

1945 - Morre en Lugo a activista antifascista Urania Mella.

1970 - Esposas de traballadores da Bazán encérranse na igrexa de San Xulián para reclamar melloras laborais para eles. 

1985 - Mulleres de Ferrol vinculadas con traballadores de ASTANO protagonizan varias accións en contra do peche do estaleiro. 




1989 - Folga de traballadoras do sector téxtil na Coruña. E o pasamento de Enriqueta Otero, defensora dos dereitos civís e guerrilleira republicana.

Xa sei que visto así é un lío de nomes, datas, etc. Pero isto foi o máis importante que atopei e considero que como muller, nós tamén somos rebeldes e xa que os nomes non nos soan moi a menudo. 
E por iso quixen facer este traballo, o último non é o menos importante, e oxalá se reivindiquen as accións destas mulleres que fixeron tanto por Galicia e por mellorar unha situación de exclusión de Galicia e tamén de das mulleres.
Son as nosas heroínas, grazas a elas!

Pois así sabedes quenes foron, e para que os quededes mellor coas súas caras, fixen xa coma sempre un video: https://www.wevideo.com/view/586478296







No hay comentarios:

Publicar un comentario