domingo, 17 de enero de 2016

De qué falo?

Levo 3 días pensando como podo facer una entrada que rompa os esquemas, que chegue “a patata”, que rompa o corazón. E como non se me ocurriu nada, inspireime na película que vimos en clase. Eu non vou facer nin un video nin nada, vou contar como cheguei ata aquí.

Comecei coa idea de escribir sobre algúns heroes galegos, pero pareciume moi aburrido e con moi pouca información. Trás dúas horas de reunir información, e facer un traballo de porquería, borrei todo e quedoume unha parte do monte Medulio. E ilumineime, a parte que quedou sen borrar foi esta:
  • Ano 22 a.C: Monte Medulio. Esta historia conta que os romanos chegaron a Coruña polos metáis preciosos e polo comercio da zona, coa intención de invadir Gallaecia. Os celtas opuxeron unha resistencia con moitas loitas. E no 22 a.C, o emperadador Augusto manda 70.000 homes, pero os celtas reclúense no monte Medulio. Pola situación xeográfica deste monte, os romamos non saben como poden ascender ata eles, e os celtas fan un foso de 25 km. Tras unhas loitas, os celtas tirábanse ao lume, cravaban espadas y tomaron veneno da planta do texo. Cando os romanos chegaron, estes estaban todos mortos, prefiriron morrer antes que ser escravos. Tivo tal repercusión porque foi a primera vez que os galegos loitaron pola sua independencia e chegou ata hoxe con frases como a de Castelao “denantes mortos que escravos”.

Si, o sei, parece que mirei nunha páxina e copiei todo. E como tiña que rellenar o traballo pois comecei a interesarme como podía reunir más información do que xa sabemos do monte Medulio. E encontrei unha lenda que é unha chorrada pero xa sabedes que eu son de lendas, e non podía evitar falar de ela:
  • A lenda conta que o xeneral Carisio enamorouse da filla de Medulio chamada Borenia, Carisio xurou vencer aos galaicos e conseguir así o amor de Borenia. E prodúcese unha batalla onde Medulio morreu por un raio, e os tesouros espándense polo monte. Borenia vai ao monte onde o seu pai tiña os tesouros. Pero Carisio vai detrás dela, firmando a paz, a engana e a seduce. A mañá seguinte regresa ao seu pobo e ve que o pobo estaba escravizado. Borenia chorou e as lagrimas inundaron o valle, e o seu corpo chegou ata o fondo do lago.

Pero en realidade ao leer as dúas historias ningunha me convenceu pero sin dúbida a primeira e un relato histórico a partir dunha lenda, entón pensei, se ten algo de verdade por qué ninguén sabe onde está o monte?? E investiguei cal pode ser o monte do que tanto falan:

1. A primera opción foi "Serra da Lastra": encontreina de primeira polas súas interesantes fotografías. Encóntrase no límite das provincias de León e Ourense, na la Serra da Enciña da Lastra. Atópase a uns 11 km das Médulas. E consideran que a parte ocupada sería a parte central porque é a mais baixa de altitude, con proteccion do vento e frío. 
Pero argumentan que é ese monte con algúns argurmentos como estes:
-As fontes din que se encontraba preto do río Miño, e esta serra encóntrase.
-As fontes din que os celtas fixeron un foso, e este monte o ten:


-Tamén se di que tiñan varias portas para acceder e esta serra a ten:


2. Outra opción que encontrei foi o "Monte Cido" que atópase na Serra do Caurel. Argumentan que este monte é o Medulio porque:



-O significado do nome en latín "Occidio" significa matanza ou carnicería.
-Atópanse moitas minas e con prensenza romana.
-Existe un castro e un socavón que rodea o monte.
-A cantidade de texo (que o tomaron como veneno para morrer).
-Encontrouse unha tabla onde se fala dunha tribu que adoraban a deusa Medhu.



3. A última opción que atopei é menos coñecida e é a "Peña Sagra" que encóntrase no valle del Nansa, na comarca de Liébana. Argumentan que este monte é o medulio porque:
-Existen resto dun foso.
-O Conde de Saint Saud escribiu: "Todavía vense as ruínas das torres, guardianas destos camiños. No de Peñarrubia, están, e non sin motivo, bastante próximas entre sí". E a peña rubia encóntrase preto da Peña Sagra.



E cando rematei decateime de que en realidade non tiña ningunha foto nin nada do que puido ser a batalla. Entón decidín poñer no google en imaxes as palabras "monte Medulio". E pensei en facer un prezi, porque que é a miña entrada sen un prezi? E pois bueno aquí o tedes:



Levo 3 días pensando como podo facer una entrada que rompa os esquemas, que chegue “a patata”, que rompa o corazón... E aquí remata a miña entrada.

1 comentario: