domingo, 31 de enero de 2016

Ferrocarril VS AVE

Decateime onte de que existe un gran parecido entre o orixe do Ferrocarril e o Ave en Galicia.

Galicia parece que é unha comunidade esquecida, estamos na esquina da península, no "culo" do mundo. E parece que nin votamos, nin existimos. Si preguntamos no resto de España por Galicia o único que din e que somos labregos, con vacas, porcos, temos Santiago e bo marisco.
Pero nós tamén tivemos historia, e o que ocurriu co Ferrocarril está a pasar agora co AVE. Xa que como di Ciudadanos "non é prioritario para Galicia".
O mesmo pasou co Ferrocarril e isto me indigna que renieguen de nós. 
Entón busquei como chegou o Ferrocarril a Galicia e como os galegos reivindicaron o dereito a non estar excluídos.
Vouvos contar como chega o ferrocarril e como os galegos acaban reivindicando polos seus dereitos, e 3 diferentes etapas do ferrocarril.

Ao buscar información do Ferrocarril o primeiro que atopo son os seguintes datos:

  1. "Escaso interese do capital foráneo por realizar grandes inversións."
  2. "Trazado de gran dificultade técnica polo accidentado da xeografía".
  3. "As liñas galegas supoñían un risco financiero por non asegurar os beneficios".
  4. "Retraso por adecuar trazados aos seus intereses".
Trás unha serie de "excusas" de por qué Galicia quedou excluída, entón comecei a buscar o que pensaban os galegos nesa época e se sentíanse excluídos.
E atopei que se produciron unas queixas desto na prensa galega. Por exemplo no xornal "Faro de Vigo" faise unha reivindicación do Ferrocarril. 






Primero constrúese o tramo Madrid-Medina do Campo e logo Medina do Campo-Zamora, logo unha comisión de inxenieros fan unhas declaracions da zona de Ourense:
"Cunha lonxitude de 323 km nos que hai que vencer dificultades enormísimas, atraviesa entre Zamora e Ourense unha comarca onde non se encontra unha soa poboación que supere as dous mil almas. Non merece a pena ademais quizá serán os máis difíciles de España."



Nesas declaración vese como dicía antes que ata os ingleses nos facían desprezos e non vían factible que nós estivésemos comunicados..
Entón queda aplazado.


  • A segunda etapa: Pero o 7 de Abril de 1861 aproban que se faga un trazado de Cornes-Carril, grazas ao Concello de Carril e a Sociedade de Amigos do País de Santiago. Producéndose así que sexa por fin o primer ferrocarril de Galicia, e as constuccións comezan o 30 de marzo de 1982.




Comézase a construir porque os galegos enriquecidos reivindicaronno e baraxáronse varias opcións. Pero gañou este tramo porque existía uns tratos comerciais con Carril e porque estábanse a adquirir o porto de Carril. A liña ía a contar con 42 km.
O proxecto e as obras foron da man de ingleses e italianos que financiaron este proxecto xa que como non era "rentable"...
En 1866, paralizáronse as obras porque os mesmos accionistas galegos retiránronse. Xa nin os memos galegos apoiaban estas obras. 
Pero ao final en 1872 rematáronse as obras, e inaugurase o 15 de septembro de 1873.


Este é o estatuto e contrato para a construcción.


Pero os galegos nestas épocas tamén revolucionáronse polo ferocarril. 


  • A terceira etapa: En 1927 fíxose o "tendido de novos ferrocarris", volve o plan Zamora-Ourense. 
E o converten nun tramo de plan preferente de nova contratación, e dicir de urxente construcción, pero non foi así en realidade.
O inxenieiro que levaba o plan a cabo, morre. 




Quérese comunicar Puebla de Sanabria-Ourense para conectar Zamora con Ourense. 
Máis de 12.000 homes traballan na construcción dos túneles. O máis famoso tunel foi o chamado "tunel 12".
Aquí tedes un video de como está o tunel actualmente e o que pasou.

https://vimeo.com/53839314


As obras tardaron 25 anos (1929-1954). Pero sen dúbida foron uns anos terribles para os galegos xa que tiveron diversos problemas. Por exemplo o líder socialista do goberno cancelou as obras e os 12.000 homes quedáronse sen traballo.
Nese mesmo momento os obreiros destas obras chamados "Carrilanos" comezaron a facer protestas por todos os lugares incluso asaltaban o axuntamento, con escopetas, dinamitas, etc. 
Entón os policías cargaron contra eles matando así aos máis rebeldes.
E a chegada da Guerra Civil dificulta estas folgas. Despois vólvese a abrir as obras, e traballan en condicions pésimas, sen cobrar,etc.
Comezaron a coller enfermidades por culpa do pó (silicosis) e as malas condicións. Morreendo asi moitos obreiros, máis de 4.000 homes.

Sen dúbida foron os peores anos que sufren os galegos, pero foi un exemplo de reivindicación que tiveron polo ferocarril e as folgas polos traballos. 
Toda esta información saqueina dun documental que conta toda o que pasaron os galegos, declaración de obreiros vivos, fotos, videos. Merece a pena velo.




E tamén o prezi dos meus como costume, con imaxes da reivindicación dos carrilanos que fui recollendo do video.




E digo eu... pode pasar esto mesmo con AVE en Galicia? Deberiamos rebelarnos? Vos deixo a dúbida no aire para que pensedes, e un mapa de como está repartido o AVE en Europa para que vexades como atópase Galicia.




Sempre nosa, sempre excluída...







No hay comentarios:

Publicar un comentario