domingo, 6 de marzo de 2016

Acontecementos Galegos

Comezo novo tema, tocou a cultura galega. De Galicia sabemos moito, cales son os bailes, como é o cine, a gastronomía, etc
Pero cada cultura ten unhas historias que son propias dela. Existen historias reais ou non, coñecidas ou non, etc.
Pero aquí estou eu para contarvos todas esas historias de Galicia que quedaron no olvido e son interesantes sabelas.
  • O tsunami da Coruña:

O Instituto Xeográfico Nacional recoñeceu un tsunami o 1 de Novembro do ano 1755 na Coruña.
O tsunami produciuse por un terremoto de 9 grados na escala de Ritcher no Atlántico. Antes de chegar a Galicia destrozou as cidades de Lisboa, Huelva, Cádiz, etc e produciuse a morte de máis de 40.000 persoas.
As olas alcanzaron os 5 metros de altura en Lisboa, e en Huelva e Cádiz os 15 metros.
Pero sen embargo, as consecuencias na Coruña notouse uns 15 días despois as 15:30h, e como chegou máis debilitado, a Coruña non sufriu case ningún dano.
Vos deixo un video de como orixinouse este terremoto e logo o tsunami:




  • Naufraxio do Santa Isabel:
O día 2 de Enero de 1921, o vapor Santa Isabel encallou por un temporal coas pedras de Pegar, preto da illa de Sálvora.
O vapor viaxaba polo Cantábrico ata rematar en Cádiz (Bilbao- Cádiz). O último momento no que se tivo constancia do vapor foi ás 1:50h no mensaxe "Estamos enriba das rochas de Sal". A forza do mar e as rochas destrozaron a parte inferior do Santa Isabel, entón comezou a chearse de auga e hundirse pouco despois.
O farero escoitou os gritos e correu para avisar aos veciños, foron tres embarcacións para rescatalos.
Morreron 213 personas de 268 tripulantes. E perduran uns nomes dunhas heroinas que axudaron ao recate que foron: Cipriana Oujo (25 anos), Josefa Parada (16 anos) e María Fernández (14 anos).




Déixovos un prezi cunhas imaxes do Santa Isabel:

  • Ataque dun tiburón:

No ano 1908 preto do Cabo de Fisterra un tiburón atacou a un tripulante chamado William Newbury de 26 anos e casado. Estaba no vapor británico "Peninsular and Oriental Steam Navegation Company".
Descoñécense os motivos polos que caeu ao mar, pero foi devorado polo tiburón. Pero cando o home caeu ao mar, un home gritou "home á agua" e o vapor virou e prepararon un bote para salvalo. E nese momento William nadaba, pero de repente oiuse un grito e desapareceu, o único que atopouse foi un charco de sangue.
Pero o máis soprendente é o misterio de atopar un tiburón nunha zona galega e que non se saben os motivos de por que caeu ao mar.


Este é barco de vapor no que se atopaba.


Esta é a noticia que apareceu do acontecemento.

  • O home lobo de Allariz:
Manuel Blanco Romasanta naceu na aldea de Regueiro, Orense no 18 de Novembro de 1809 e morre en Ceuta o 14 de Decembro de 1863. Foi un dos personaxes máis terribles da historia de Galicia que produciuse no século XIX. 
Na partida de nacemento foi considerado unha nena xa que medía 137 cm, con facciones tiernas e foi chamado "Manuela". Tivo unha vida tranquila ata a morte da súa muller, no que empezou a adicarse á vida ambulante, e vendendo cremas.
É coñecido como "o home lobo de Allariz" ou o "home do saco". Tiña unha enfermidade mental pero sen embargo este home dicía que tiña un maleficio que o convertía nun lobo nas noites de lúa chea. Pero en realidade tiña una enfermidade mental.
Este home matou a trece persoas pero non é polo número de personas senón polo método que utilizou, mataba as personas coas súas mans e os seus dentes ata comerse os restos.
Colléronno e tivo un xuízo dun ano, e admitiu que por mentiras e enganos collía as mulleres e nenos e logo vendía partes do corpo.
O 6 de abril de 1853 foi condeado á garrote vil e pagar unha multa de 1000 reales por cada víctima. Pero a Raíña Isabel II recibiu unha carta pedindo a absolución xa que tiña unha enfermidade chamanada licantropía. Entón foi reducido a cadea perpetua.
E morreu logo na cárcel de Allariz.






Estas son unhas das moitas historias que existen na nosa cultura galega, e que por certas circunstacias da vida olvidáronse ou incluso non as coñecemos cando nese momento foron moi relevantes para os galegos e para a historia de Galicia. Por esa mesma razón quixe falar deles, para darlles a importancia que tivo nese momento e todos os misterios que existen.




No hay comentarios:

Publicar un comentario