martes, 10 de mayo de 2016

Qué é Galicia para min...

Tras publicar unha entrada cada semana durante todo este curso de segundo de Bachiller, chegou o remate e con esta entrada temos que facer unha recopilación do que foi Galicia para nós e todo do que aprendimos. Neste curso descubrín o sentido de Galicia para min, e sobretodo o meu traballo de investigación que pensaba que eu non tiña. 
Por iso quérovos reflexar co meu método de traballo o que máis me fixei en Galicia e o que ao redor de todas as entradas que fixen, quixen destacar.

Por iso Galicia, para mín é unha terra misteriosa, que esconde unha gran cantidade de historia, lendas, mitoloxía, etc. E polo tanto vou destacar uns cantos personaxes mitolóxicos de lendas que atopei tras moito buscar, para recordaros cal é a miña esencia.

  • A dama da Moladoira

Na parroquia de Alfoz, Lugo, a lenda conta que existía unha dama de pelo largo e louro. E se di que ela ofrecía unha onza de ouro se alguen puidera desenredarlle o pelo.
Un día unha nena que andaba polo monte da Fraga da Moladoira atopouse coa dama e esta pediulle que a peinara.
A nena aceptou pero non conseguiu moito pero a dama agradeceu o intento e regaloulle unha cousa pero non a podería mirar ata chegar a súa casa.
Pero aínda así a nena mirou por curiosidade o que era pero encontrou carbón e o tirou. Cando a nena chega a súa casa contoulle a súa nai o sucedido.
Ao día seguinte a nena regresou ao monte e volveuse a encontrar a dama e esta volveulle a pedir que a peinase. Cando a nena ía a peinarlle a dama colleu a nena por un brazo e a escondeu nunha rocha, quedando alí para sempre.
E dise que se escoita como a nena chora no interior da rocha.

  • A serea Maruxaina
Maruxaina foi una serea, é dicir, mitade muller e mitade pez. Vive nun palacio submarino, nas illas do Farallón, baixo o islote de Sombriza.
É a protectora de San Ciprián, dos mariñeiros, e dise que se pasa o tempo vixiando e cando hai mal tempo súbese a unha rocha e grita cun corno para avisar.
Algúns din que é mala porque polo seu canto produce naufraxios.
Outros din que é boa porque os avisa por un posible naufraxio.
Realízanse unhas festas no seu honor en San Ciprián.


  • A lenda da moura Ana
Ana Manana é unha moura que vive nunha fonte co seu nume, nunhas rochas preto do Río Miño. É unha muller fermosa cunha túnica branca.
A lenda di que un home ten que levar un envoltorio sen mirar o seu contenido ata a fonte e berrar tres veces o nome da moira,e tería unha recompensa.
Pero a súa muller abríu o paquete e era un pan de catro picos, comendo un. Cando a moura abre o paquete convértese nun cabalo sen una pata.
A moura enfádase, aprisiona ao home e o maldice, morrendo así aos poucos días.

  • As meigas xuxonas
Santa Comba foi a santa das meigas, e foi unha santa xuxona porque quitaba o sangue aos nenos, mataba aos vellos e tamén facían mal de ollos.
Tamén foi unha meiga xuxona unha muller chamada Dominga da Serra que foi unha labradora de Viade. 
Foi acusada por supostamente beber o sangue fresca duns bebés recén nacidos, utilizando o sangue para facer uns potingues que logo utilizaba como remedios caseros aos seus pacentes.


  • O apalpador
É unha figura mítica galega.
Según a lenda, baixa as noites do 24 ao 31 de decembro para tocar o ventre dos nenos para ver se comeron suficente durante o ano. 
Deixándo así un montón de castañas, e algún regalo, desexándolles un novo ano.
Existen moitas cancións populares con este personaxe que se cantan nesas noites para mandar aos nenos para a cama.



  


  • O olláparo
O olláparo é un xigante antropomorfo que ten un ollo no medio da frente.
Ten un carácter bruto, feroz, salvaxe, e voraz porque come moito e sobretodo carne humana.
Estes xigantes viven nunhas covas dos bosques e montes, sobretodo por Lugo e Ourense.
E tamén teñen mulleres, chamadas olláparas que son peores que eles.


  • O tardo
O tardo é un duende da mitoloxía galega, é como un trasno pero é máis malo e teñe unha espada pequena e afilada.
É un animal pequeno, peludo e con dentes. Teñe unha cor verdosa con ollos redondos e negros, e barba. Vai vestido cunhas roupas vellas e un gorro roxo.
Vive baixo a terra e cando é de noite entra nas casas e séntase enriba das persoas durmidas para molestar e producirlles pesadelos.
Un remedio para deshacerse del, hai que deixar un conco de cereais para que conte os granos e como só sabe contar ata 100, volverá a comezar ata desaparecer cando amanezca.


  • As lavandeiras
As lavandeiras son espíritus galegos que proveñen da mitoloxía celta.
A lenda di que polas noites de lúa chea, as lavandeiras lavan na orilla dos ríos, sábanas cheas de sangue que nunca desaparece. 
E piden axuda aos vivos pero deben escurrir ao revés senón poden traer mala sorte ou incluso morte.
Dise que se tratan de mulleres que morreron no parto ou que deixaron morrer aos seus fillos sen bautizarlos.



  • Os gazafellos ou biosbardos
É un ser que vive nos bosques.
E para cazarlos é necesario ir en grupo e que cada persoa leve un saco ou unha bolsa, un palo para separar maleza e recitar un encantamento para que salgan do seu escondite e que se metan dentro do saco.
E dos que moitos aprovéitanse para facer bromas aos turistas e levalos ao bosque e asustalos.



  • Nubeiros
Son seres mitolóxicos que teñen a capacidade de controlar o tempo á súa vontade.
Divértense de maneira que provocan tormentas lanzando uns raios aos animais e divértense arruinando colleitas como por exemplo producindo unha gran xeada.
Cando se enfadan utilizan os seus raios para atacar a aqueles que lles molestan, por eso teñen medo deles, por ter a capacidade de producir unhas terribles tormentas.
Tamén algunhas persoas para deshacerse deles utlizan uns cirios e fan soar unhas campás.


  • A marimanta
É unha muller vella, e pouco agraciada que leva sobre o seu lombo un saco pedindo lismona.
A muller pide un deseo e se non o cumples roma aos nenos, os mete no saco e os fai desaparecer.
E non se sabe onde leva a eses nenos que rapta.
Pero para recuperaqr aos nenos xusto cando os meta no saco, hai que coller a muller, parándoa e axitándoa para que solte así o saco e saque aos nenos.






Quixen destacar este tema porque foi un tema, o mitolóxico, que toquei en innumerables entradas, e sendo a última como non tería que rematar volvéndoo a facer.
Tras moitas entradas, moitos "prezis" despídome, foi un placer traballar tanto sobre a miña terra, onde atopeime eu e atopei o que máis gústame de Galicia que é ese misterio que por moito que coñezamos é unha terra máxica, esas historias contadas polas nosas avoas, remedios, a tradición, etc que é propia de nós.
Espero que vos gustara o meu traballo durante todo este ano, e ao meu profesor grazas por facerme coñecer tantas cousas de Galicia que non sabía e que con a miña asignatura "Historia de Galicia" conseguín apreciar todo o que temos, e que deberemos manter para que a esencia galega siga viva.
Grazas, e un saludo!!















No hay comentarios:

Publicar un comentario