martes, 10 de mayo de 2016

Crimes imperfectos

Como esta entrada é de tema libre, decídome a falar dun tema que é interesante para mín. Un das cousas que quero estudar no futuro é criminoloxía, apasióname os temas de crimes, de casos sen resolver, etc.
Por iso aínda que pareza un pouco sanguento quero facer unha recopilación dos maiores crimes coñecidos en Galicia, analizar a actitude dos asesinos e atopar unha conclusión miña a estos sucesos.

  • Manuel Blanco Romasanta
Xa coñeceredes a este home, é o máis coñecido en Galicia, tamén chamado "O home do saco", "Sacamantecas", "O Home Lobo", "O Coco", etc
Comezo por este porque é o crime máis soado de Galicia e tamén o máis antigo que se coñece por a increible dimensión do crime.

-Biografia:
Naceu na aldea de Regueiro, Esgos, Ourense o 18 de novembro de 1809 e morre en Ceuta o 14 de decembro de 1863.
Xusto ao nacer inscribiuse no rexistro como Manuela, considerando que era una nena. Xa que tiña un pseudohermafrotidismo feminino.
Traballou como sastre, e sabía ler e escribir.
Tivo unha vida tranquila ata a morte da súa muller (él non participou), nese momento comeza unha vida de vendedor ambulante por toda Galicia de potingues.
Foi acusado dun asasinato, o condearon e este escapouse a un refuxio, estivo meses alí.
Ata que volveu ao pobo, facéndose amigo de mulleres para gañar confianza e volvendo a ser texedor. Alí comezaron os seus asasinatos.

-Aspecto físico:
Medía 1,37m e considerábase que tiña facciones "dulces", e tiña barba.

-Análisis:
Tiña unha enfermidade que foi a licantropía clínica.
Pero él dicía que foi víctima dun maleficio dunha meiga que o volvía lobo nas noites de lúa chea. Logo rectificaría dicindo que tiña unha enfermidade.
Foi acusado de matar a 13 persoas, entre elas nenos e mulleres sobretodo que as enganaba, os mataba, e sacaba os potingues.

-Conclusión: Máis tarde foi considerado que non tiña ningunha enfermidade de licantropía, senón que o facía moi consciente do que quería. A miña conclusión é que ou tiña unha enfermidade mental non asociada ao anterior, ou que o facía por sede de sangue.


  • Paulino Férnandez
Foi o autor dun crime en serie que chamouse "A matanza de Chantada"

-Biografía:
Naceu en Surribas, Chantada en 1925 e morreu o 8 de marzo en 1989 con 64 anos.
Estaba casado cunha muller que tiña pouca mobilidade e estaba cega, e non tiña fillos. É foi un labrego.

-Análisis:
Considerouse que tiña un trastorno mental xa que levaba uns meses detrás dunhas terras do extranxeiro e obsesionouse con elas porque pensaba que os seus veciños querían expropiarse delas.
A mañá do 8 de marzo de 1989 saiu ao centro do pobo a ver ao alcande e logo a comer a casa do seu irmao. As 3 da tarde volveu a súa casa, colleu un coitelo e un hacha e saiu polo pobo, matando así a 8 veciños e 6 feridos.
Con todo o sucedido, os veciños reducíronoo e sacáronlle o coitelo da man. Pero conseguiu escapar á súa casa. Alí realizou un incendio, dous veciños aproximáronse para socorrer o fogo e mantiveron unha conversación con él e matou a un.
Paulino morreu carbonizado na súa casa.

-Conclusión: Podería producirse por un ataque de obsesión, e locura, xa que as víctimas non foron elixidas senón que ía matando según camiñaba, sendo así un ataque de rabia que logo volvería a realidade e suicidaríase.


  • Manuel Antonio Prado Riveiro
É un crime de menos importancia, pero é coñecido pola situación, xa que é considerado "o descuartizador de Betanzos".

-Biografía:
Foi un home de O Pindo,e tiña 34 anos.
Xa tiña antecedentes porque en 1999 asesinou a un taxista de Santiago de Compostela e roboulle 20.000 pesetas, por este crime pasou 9 anos na cárcere.
Tiñan unha actitude fría xa que non se derrumbaron cando foron detidos, e incluso contaron o sucedido cunha cantidade de datos sanguentos.

-Análise:
Entre o 5 e 7 de setembro de 2008 él e a súa novia, asesinaron a dos persoas nunha vivenda de Betanzos, él descuartixou os cadáveres e os meteu en bolsas en maletas para abandonarlos logo nun cubo nun descampado de CovasTamén lles robou diñeiro para logo ir a comprar droga en Ferrol.
Eles eran coñecidos da parella e dixeron que foi por un malentendido pola propiedade dunha furgoneta. Entraron na casa onde estaba primeiro o home coa excusa de comprar esa furgoneta o mataron e esperaron a que chegara a muller do falecido.
Foron acusados e condeados a 51 e 47 anos de cárcere.

-Conclusión: Esta parella foi unhas víctimas colaterais xa que tiñan previsto atacar unha galosiñeira da que foi despedida a muller pouco antes por supostamente robar nela. E tiñan pensado robar, matar ao que traballase alí, e explotar a gasoliñeira. Pero o coche rompeuse e foron remolcados por unha grúa ata o seu domicilio.




  • Parricidio no coche
É un crime de J.L.D.L, un home de 40 anos, no 2010 en Pardene, Coruña.

-Análise:
A nai dun neno de 14 meses denuncia na Garda Civil de Betanzos a desaparición do seu fillo ya que 15 min antes o pai do neno chamoulla para amenazarla dicindo que non volvería a ver ai neno.
As 19:15h dese mesmo sábado, o 112 avisou de que o coche estaba ardendo.
O pai cunha bomboba de butano predeu fogo no interior, cando o pai sentiu o calor saíu do coche deixando ao bebé dentro, ata que se calcinou.
Cando a policía chega atopan ao pai a uns metros cunhas feridas do fogo.
O pai foi condeado a 23 anos de cárcere.

-Conclusión: Os forenses consideraron que o home non tiña ningunha enfermidade mental senón que o que intentaba era facer dano a nai do bebé.

  • Os Mouriño
É un crime realizado por este matrimonio de Lalín o 29 de novembro do 2013, polo asesinato da súa filla de 22 anos e un coñecido.

-Análise: 
Entre as 5 e 6 da madrugada a nai, de acordo co seu esposo, colleu unha maza de ferro e dirixiuse á habitación da filla e a matou mentras durmía.
Logo colocaron 3 bombonas de butano pola casa, onde estaba o home de 83 anos que morreu e o hermano e a nai da muller que saíron airosos. Prenderon fogo e o matrimonio ocultáronse na fosa séptica da granxa da que ela intentouse suicudar e o marido tirouse para impedirllo.
Condénanlles ao matrimonio a 58 anos de cárcere.

-Conclusión: A muller dixo que foi unha enaxenación mental, que foi ela, que tomara unhas medicacións para a depresión pero alegaron que se atopaba consciente del todo.




Elexín este tema porque é un reflexo de casos que me gustaría investigar nun futuro sendo unha criminóloga galega de renombre. 
E tamén o fixen para que coñezades moitos casos que son soados pero que non sabiades como sucedera e que grazas a isto poderedes meternos na historia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario