domingo, 15 de noviembre de 2015

O paraíso verde perdido. Guinea.

Vouvos contar como a miña familia chegou a Guinea. Isto está retratado nun libro que escribiu o primo da miña avoa, que se chama "O paraíso verde perdido Guinea".






Primeiro quérovos ensinar as persoas que participaron nesta historia, e para que saibades quen é o autor:



Julián García (o meu bisavó)  tiña un irmán (Pepe) e (Fernando Paz) coa súa muller (Clotilde).
E Antonia Gimeno (a miña bisavoa) tiña unha irmá (Pura) co seu marido (Fernando). Pura e Fernando tiveron un fillo chamado Fernando, “Fernandito”, que é o autor do libro.
Todos eles e máis os seus fillos, e demais irmáns, primos, etc viviron en Guinea, e todos eles foron de Barcelona.

Agora vou contar a versión da vida de Fernandito:

Fernandito naceu no ano 1932, en Barcelona, igual ca toda a súa familia. Vivían na calle Corríbia (que agora é a Plaza Nova).
Un día ao seu pai despedírono no Liceo (xa que foi tenor) porque cerraba o Liceo, e nese mesmo día empezouse a oír unhas explosións que o despertaron. Cando foron a mirar, estaban bombardeando toda a calle e todos os edificios estaban derrumbados. Entón escondéronse nun bar desa calle.
Por sorte o seu edificio foi o único que quedou en pé, pero expropiaronlles a casa e derrumbáronna ao pouco tempo.

















Aquí conta como produciuse estes bombardeos.






Instaláronse nunha masía grazas á súa tía Clotilde, a masía estaba lonxe de Barcelona, cerca dos Pirineos. Como alí non tiñan escolas, Clotilde tivo que ensinarlles a leer e escribir.
Pero a vida alí non foi tranquila, estaban preto do "Campo da Bota" onde fusilaban polas mañás aos presos do bando de Franco. E os avións do chamado Exército Nacional, ían de vez en cando a arrasar zonas como represaia.
Un día viñeron a buscar ao seu pai para incorporarse ao frente.
As tropas acercábanse, entón tiveron que volver a mudarse, esta vez a casa do tío Pepe. Conta que foi a peor época da súa vida, porque tivo pulmonía e pleuresia doble.
Trás a guerra, recibiu noticias dos seus curmáns, que non sabía nada durante a guerra.
E un día, Julián (o meu bisavó) que traballaba no Banco exterior de España, ofreciéronlle un posto en Fernando Poo (Guinea) e un traballo de carpinteiro ao padre de Fernandito, e así fóronse todos.
En maio de 1942, embarcaron todos no Dómine, rumbo a Santa Isabel, o viaxe durou 26 días.
Foron a vivir a tres casas pegadas, e cada unha tiña servicio, que eran unha familia de africáns que se lles pagaba co aloxamento, comida, etc.
A súa avoa dedicábase alí a curar aos africáns gratuitamente a base de herbas e plantas, tiña un gran coñecemento e foi coñecida en todos os lugares por iso.
Leváronno á Misión, onde vivían os indíxenas internos, e os chamados "brancos externos" onde tiñan aulas, talleres, etc.
En 1943 inauguraron o Instituto Colonial, e empezou o bachiller no 1944, onde foron 11 brancos e 10 nativos.
Conta que o maior problema foi a salud, por vivir en condicións no recomendables, e a cantidades de enfermidades , etc. Incluso os perigos de que por exemplo un día vivíu un tornado que arrancou o teito do traballo do seu pai.
Explica que o primer atraco que tívose constancia na illa foi o da súa nai, onde un nativo echóulle aceite e picante nos ollos e quitoulle o bolso.
Como en Guinea non puido seguir cos seus estudos, os seus pais enviáronlle a Barcelona para facer o exame de Estado, pero foille imposible por faltarlle medio pulmón das enfermidades que tivo durante a Guerra Civil.
Chegou a hora da mili, ía pola mañá de sete a dez a Punta Fernanda, e pola tarde ía de catro a seis, durante os tres meses que durou a mili.
Despois da mili, conseguiu que formaran seis equipos de baloncesto e tres campos. Él entrenou ás mulleres tres tardes e aos homes todas as tardes. E tamén conseguiu un traballo como secretario do Casino de Fernando Poo.
Ata que empezou o medo de que Nigeria puidera reivindicar os dereitos da illa. E decidiu volver a España, deixando ao resto da familia alí.

Aquí tedes un video con algunhas fotos do libro:
Fago unha corrección grazas ao comentario do autor que aparece no vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=WZgvuKGShdo&feature=youtu.be







No hay comentarios:

Publicar un comentario