domingo, 1 de noviembre de 2015

Panteón Galaico


Fixen unha presentación, pero por se non podemos vela, os deixo aquí o que puxen nesa presentación. E amplío un pouco de onde proceden.

O panteón galaico é o conxunto de divinidades de orixe galaico, con influencias celtas, romanas,etc.
Existen moitos, pero vou destacar só algúns:


  • Boruoboendua:
Tamén chamado Borvo o Vabusoa, é unha divinidade asociada coa curación e coas augas. 


Encontráronse varias inscripcións dedicadas a este deus en Caldas de Vizella.
Cóntase que un día este deus foi tirar auga, e as ninfas o raptaron. Tamén que morreu nunha cacería. Entón cada ano, nos tempos de colleita celébrase a súa morte con lamentos e con flautas.


  • Lug:
Deus soar por excelencia, asóciase á prosperidade, ao comercio, e aos oficios artesanais. A súa figura asóciase coa lanza. Este deus é moi común nos pobos celtas galegos.
Conta a lenda que o seu avó "Balor" case o mata cando Lug nace, existe unha profecía onde o un neto do avó asesinou o avó entón levou a súa filla a unha cova onde foi seducida e tivo fillos. Lug escapó do seu avó cando era pequeno e creció cun deus guerreiro.
Tamén o día 2 de fevreiro dedícase a festa da Vendiminia a este deus.


                            


  • Tameobrigo:
É o deus dos ríos. Podemos encontrar ríos en Galicia coa raíz do nome deste deus, como o Tambre, E en Europa como o Támesis. Tamén é o deus protector da tribu.


Tense constancia deste deus por unhas escrituras en Varzea do Douro.

  •  Berobreo:
É o deus do Alén (o outro mundo na mitoloxía galega). A porta do Alén encóntrase na Serra do Cando, no monte Seixo. É un conxunto de rochas que  según a mitoloxía, é unha porta ao mundo dos mortos. Débese pasar por ela para comunicarse cos mortos e alí preguntar o que se desexe. O vento dará a resposta ao que se pregunte. Terás que volver a saír pola porta senón quedaremos no mundo dos mortos para sempre, e débese levar unha ofrenda.




O maior templo a este deus encontrado, está en castro do Facho de Donón, na Península de Morrazo. Onde encóntranse estas escrituras do deus.




  •  Coventina:
É una deusa celta e galega, que está relacionada coa fertilidade e a abundancia. Está vinculada ás ninfas da auga. Está relacionada coa lenda de se tiras unha moeda a un pozo os teus desexos se fan realidade, porque esta deusa ten relación coa auga e por iso moitos pozos levan o seu nome.



En Carrawburgh, condado de Northumberland, atópase un templo na súa honra, onde se atoparon gran cantidade de restos arqueolóxicos.




  • Endovelico:
É o deus da curación e dos vaticinios. Mostrábase en soños da xente, polo tanto tamén sería deus dos soños.


Este deus ten o seu santuario en Sao Miguel da Mota onde se atoparon estas inscripcións e estas esculturas.





     Existen moitas lendas, historias, libros, festas etc sobre el como podemos ver:


                        

  • Bandua:
É o deus galaico da guerra. Atrae aos seus inimigos facendo creer que está preso. En Eiras consérvase unha escritura adicada ao deus Bandua. Se dí que tiña connotacións escuras referidas ao físico (deformación, fealdade, etc)
Atopáronse moitos lugares de culto deste deus pero podemos destacar un que é Eiras, no concello de San Amaro.




  • Bodán:
Wotan ou Bodán é o rei de todos os deuses, é un gran mago druída, deus do sol do día e do sol da noite, deus dos guerreiros e deus dunha parte dos mortos.


                                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario