domingo, 22 de noviembre de 2015

Unha parte da miña familia...




Este traballo carece de moita información, xa que a miña avóa non se acordou, e tampouco quixo desverlarme moitas cousas. Entón teño tres historias diferentes dos meus familiais:

  • A primeira historia:

Comezo falando do que foi o meu tataravó, que chamábase Román Cota naceu en Monforte de Lemos (Lugo) como traballou de xefe nos altos fornos, foi destinado ao País Vasco (Vizcaia) , que foron os primeiros que se fixeron en España.



 Alí coñeceu á súa muller Modesta López que nacera en Burgos pero por motivos familiais de traballo foron a vivir alí entón coñecéronse. Casouse e tivo tres fillas, dúas dás cales morreron e quedou Aurora Cota López que é a miña bisavoa.
Un día cando Aurora era pequena quixo tomar chocolate, e Román foi ao refuxio que tiñan ao lado coa mala sorte de que unha bala perdida alcanzoulle morrendo no acto en Sestao.
Aurora casou con Mario Caneiro (o meu bisavó) que era de Ferrol, pero destináronlle a Bilbao pola guerra. E casáronse o 15 de abril do 1939 viñendo para Ferrol a vivir. Por iso a miña familia quedouse definitivamente en Ferrol.

  • A segunda historia:

Os irmáns dos meus tataravós chamados Pepe Cota e Constante Cota foron do bando roxo, eran maquinistas navais. A miña familia estaba dividida nos dous bandos, e como estes foron moi perseguidos. Un bo día colleron un avión militar (coñecían como pilotalo) e fuxiron ata Francia, quedando a vivir alí, e non volveuse a saber nada deles.

  • A terceira historia:

O meu bisavó foi Juan Cinza e naceu en Doso, e atopábase tamén no bando roxo, e por iso unha vez mutiláronlle na guerra e disparáronlle nunha perna, no xemelgo, pero seguiu vivindo. 
Casou con Carmen Martinez (a miña bisavoa) e tiveron un fillo chamado Juan Cinza Martinez (o meu avó) pero Carmen morreu no parto. 
Foron perseguidos e tiveron que emigrar a Montevideo (Uruguay). O meu avó estivo dende os 6 anos ata os 15, e regresou a España porque o seu pai obrigoulle a cumplir o servizo militar, cando o cumpliou volveu a Montevideo e Brasil uns anos, regresando máis tarde a España.


Por se non podedes ver a presentación os deixo aquí o enlace:

https://prezi.com/jy3rs3aausdz/unha-parte-da-mina-familia/?utm_campaign=share&utm_medium=copy#

No hay comentarios:

Publicar un comentario