domingo, 13 de marzo de 2016

A moda galega

Despois do meu "churro" anterior, ese mesmo día acosteime de noite, e cando estaba a punto de durmir, ilumineime.
E non puiden esperar, levanteime, collín o ordenador e según entrei no internet atopei a María Barros que é unha diseñadora galega.

Entón recordei que eu teño unha gran relacion coa moda en Galicia xa que o meu tío traballa para Inditex, e víñome a mente que a miña avoa contoume unha historia:
Ela sempre dicíame o moito que traballou de xoven, e xa que ela a día de hoxe é unha gran costureira, recordábame que Amancio Ortega, o de Inditex, cando empezou o que facía era comprar os albornoces e diferentes prendas que facían mulleres do pobo e entón as recollía. E a miña avoa recordoume que cando as cousas ían mal economicamente para axudar ela facía roupa e él a compraba.

Esto mesmo inspiroume para falar da moda en Galicia, xa que Galicia non é solo Amancio Ortega.
Como foi o día 8 o día internacional da muller traballadora, quixen facer unha homenaxe pero non sen antes facervos un repaso pola historia da moda en Galicia:




Despois desta pequena introducción da historia da moda galega, vouvos facer un resumo das mulleres máis importantes na moda en Galicia.


  • Rosalía Mera: Naceu na Coruña o 28 de xaneiro do 1944 e morreu o 15 de agosto do 2013. Foi a muller de Amancio Ortega, e foi considerada a muller máis rica de España, e unha das máis importantes da moda. Estivo nos comenzos de Zara e de Inditex, nos que comezou a a diseñar ropa na súa casa. Grazas ao seu carácter foi un pilar moi importante para o negocio, xa que tiña unha voluntade de traballo, tesón, esforzo, e a competitividade de fundar a maior empresa de moda.


     

  • Pili Carrera: Nos anos 60, Pilar e o seu marido Bienvenido Carrera, esperaban un bebé. Ela comezou a facer ropa para o seu fillo e as súas veciñas facíanlle encargos. Ata que o seu cuñado, que tiña unha tenda infantil en Vigo, deixoulle vender os seus productos. En 1963 crean a firma de "Pili Carrera" co seu nome e o apelido do seu marido. E en 1991 abriron a súa primeira tenda en Vigo. Actualemente, é unha pioneira da moda infantil en España e conta con máis de 30 tendas en España e máis de 50 no estranxeiro nos países como Rusia, Portugal, México, etc. E a súa moda chega ata a fillos da realeza.



  • Kina Fernandez: Naceu en Celevante, Ourense no 1947 e cando faise maior decide transladarse a París para formarse na moda. Cando remata os seus estudos transládase A Coruña, e crea unha pequena tenda de ropa. Comeza a desarroiar a súa actividade sendo máis coñecida no 1979. Pero ata o ano 1985 non fai a firma co seu nome "Kina Fernández".  E no 1989 fai o seu primer desfile. A súas prendas caracterízanse por ser de alto nivel de "prêt-a-porter" no que destacan as prendas de baño, camisetas, etc.


  • Purificación García: Naceu en Castrelo do Val, Ourense nunca familia humilde. Os seus pais transladáronse a Uruguay. Alí pasou a súa infancia e a súa adolescencia. Ao pouco tempo coñeceu a un home, casáronse e mudáronse a Canadá onde alí estuda e traballa na moda. Transladáronse a diferentes lugares ata rematar en Barcelona para probar a súa marca. Personalizaba bolsos e prendas de maneira artesanal, e presentou a súas coleccións ata abrir varias tendas. a súa gran oportunidade chegou cando os irmáns Domínguez separábanse e chamaron a Purificación para poñer o seu nome á nova empresa. As súas prendas caracterízanse non só por ser de alta costura senón tamen por facer lencería, perfumería, ropa de casa, etc. Pero sen embargo tamén teñe clientas da alta sociedade. É unha das marcas máis importante de Galicia.


  • Bimba & Lola: Uxía e María Domínguez son irmáns e son as sobriñas do diseñador Adolfo Domínguez. A empresa teñe unha traxectoria escasa, e fundan a empresa no ano 2005, co nome das mascotas das irmás. Esta marca caracterízase polo luxo accesible xa que son productos de calidade pero con prezos asequibles. Aínda que comezaba a crise nesa época, a empresa non deixou de crecer. Na actualidade conta con máis de 160 tendas en 17 países do mundo.

                     
       Adolfo Domínguez con Uxía e María


  • María Barros: Naceu na Coruña o 27 de xaneiro no 1980. Estudou moda no Istituto Europeo di Design en Madrid. Neste tempo comeza a traballar en diversas empresas. No ano 2000 transládase a Milán para rematar os seus estudos, e alí realiza o seu primer desfile. No ano 2008 crea a empresa "María Barros Group S.L" para a comercialización, producción e distribución das súas coleccións. A súa moda caracterízase por un estilo moderno e elegante. No que combina a súa pasión pola moda e o interiorismo. Na actualidade conta con diversas tendas en España, e diferentes países como Italia, EEUU, Rusia e Arabia.


Elexín este tema para demostrarvos que a moda galega pode competir a nivel nacional e internacional, e que non só somos Inditex senón que neste caso existen moitas mulleres que loitan por facerse un oco no mercado e promocionar a moda galega.




No hay comentarios:

Publicar un comentario