lunes, 21 de marzo de 2016

Pequena cidade e grandes cines

Relacionado coa cultura, acordeime que grazas a esto os meus pais coñecéronse, vouvos contar unha historia:

A miña nai ía todas as tardes ao cine "Capitol" este cine atopábase na rúa Real, no centro de Ferrol. En 1985 a miña avóa dáballe todos os días 100 pesetas, entón ía ao cine na sesión de tarde que custaba 60 pesetas, e co que lle quedaba ía a xogar a uns recreativos que atopábanse en fronte do cine chamados "recreativos Tívoli". A máquina na que a miña nai xogaba custaba 35 pesetas unha partida, entón co restante collía algo para comer. Así cada tarde, ata que un bo día cando a miña nai ía a xogar as máquinas, o meu pai adelantouse e como era moi bo pasabase moito rato xogando, e miña nai tiña que volver pronto a casa entón nunca lle deixaba xogar. Un día miña nai cansouse de que o meu pai fixera o mesmo e ela se quedase sen poder xogar entón colleu o seu cigarrillo e apagoullo no pescozo do meu pai (fíxolle tanto dano que a día de hoxe aún ten unha marca moi grande polo cigarrillo). A partir dese momento o meu pai comezou a integrarse nos amigos da miña nai para ir ao cine, e así xurdiu todo...

E por esta peculiar historia hace 30 anos merece a pena que fale en especial dese cine pero tamén doutros que se atopaban en Ferrol.


  • Cine Capitol:
É un cine do que se ten moi pouca constancia, estivo situado na rúa Real en Ferrol, e tivo a súa apertura no ano 1946 e pechou no ano 1989.


Aquí atopábase o Capitol

  • Cine Renacemento:
Tamén chamado "Rena" é un cine de Ferrol que atopábase na rúa do Sol no barrio da Magdalena. Foi construído co propósito de superar ao Teatro Xofre de Ferrol.
O arquitecto foi Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, que realizou un edificio con un caracter modernista, renacentista, monumental, etc.
Este cine tivo unha historia azarosa, no 1914 o dono do solar era Juan Díaz-Noriega e Suárez Alvanel e este decidiu construir no seu solar uns cines. 
No 1917 concedeuse a lincencia pero rechazaron o primer proxecto. Entón ata o 1919 o Rena non pudo reaunudar as súas obras e inaugurouse un ano despois.
Tiña unha capacidade duns 790 espectadores, tiña unha gran dimensión.
A primeira película que estrenouse foi "O segredo de Jack".







  • Cine Callao:
O cine Callao é un edificio que está situado na praza do Callao de Ferrol.
O diseñador do proxecto foi Ucha Piñeiro pero o constuctor foi Juan Golpe Padín que é un emigrante retornado de Cuba que comezou cunha tenda de ultramarinos.
Fíxose un edificio particular no que destaca a torre-faro que pretendía chamar a atención.
O cine tiña  un sótano, planta baixa e primeira para o cine. E logo unha terraza para proyeccións, bailes e festivales ao aire libre. 
O cine tiña unha capacidade para 1000 persoas en 21 filas de 24 butacas cada unha, 13 palcos, anfiteatro e grada. Incluso tamén tiña un escenario para representar obras de teatro.
No 18 de outubro do 1935 inaugurouse e a primeira obra que proxectouse foi "Vampiresas".
Pero entrou en crise e entón no 1972 pechou as súas portas e no 1976 derribouse para construir unha sede bancaria.




  • Cine avenida:
É un cine situado na rúa Dolores,54 que constrúese no 1944.
Foi construído polo arquitecto Rafael González Villar. O estilo era moi moderno no interior e no exterior.
Este cine tiña un aforamento de 700 prazas e tiña una salón con butacas, un anfiteatro e palcos. Unha características que tiña é que era dos poucos con "pantalla grande"
Nos anos 80, os propietarios do local informaron que o contrato que tiñan caducou e non ían a renovarlos prometendo que convertiríase nunha Galería comercial pero iso non sucedeu.
Polo tanto pechou oficialmente en xuño de 2001.


  • Cine Goya:
Este cine foi o primeiro minicine de Ferrol e está situado na rúa do Sol, preto do Rena.
Inaugurouse o 1 de xuño de 1990 con dúas películas americanas que son "Tempos de Gloria" e "Johnny o guapo".
Este cine tiña dúas salas unha de 200 asientos e outra de 130.
Pero sen embargo pecha no ano 2002.



  • Cinema:
O cinema naceu como a primeira sala de cine de Ferrol. E supuxo unha sala onde atopábase o cinematógrafo máis moderno no momento e cunha gran pantalla.
Foi deseñado por Rodolfo Ucha Piñeiro e inaugurouse no ano 1932 e pecha no ano 1991.
Estreáronse peliculas moi comerciais e dise que eran de moi mala calidade pero tamén houberon combates de boxeo.
Actualmente atópase a sede de Sargadelos.



  • Cine Galicia:
O cine "Galicia" sitúase na rúa de Pontevedra pero foi coñecido polo nome do "cine das zocas".
Inaugurouse en 1947 pero sen embargo pechou en 1973.



  • Cine Madrid-París:
O cine Madrid-París inaugurouse no ano 1947 e pechou no ano 1986.
Nese mesmo local en 1987 abriu outro cine chamado "O cine azul" que logo volvería a pechar no ano 2003.
E este local atopábase na Carreteira de Castela. Dise que a función máis importate dábase as 3 da tarde e as películas que máis estrenábanse eran as de vaqueiros e loitas, era moi baratas as sesións.







Tamén atopei máis cines pero estes sen información ningunha, podemos nomear o Multicines Galicia, o atenas, etc.
E incluso é unha pena que da cantidade de cines que tivemos e a importancia de estes, só destaquemos o Duplex e o de Odeón de Narón.

Sobretodo sinto moito a escasa información pero como podedes observar atópase moi pouca información dos cines de Ferrol, e a miña impresión despois de facer un análise a todas a páxinas webs posibles e que parece que o cine tanto en Ferrol como en Galicia non interesa. Xa que en moitos enlaces dirixíante ata os cines de Madrid onde existía unha incrible cantidade de información.
Coma sempre teño a impresión de que a nosa historia parece non ser "relevante" pero polo menos espero que a miña entrada de hoxe serva para poñer un pouco de información de quen quera coñecer os antigos cines de Ferrol. E sobretodo facer unha volta no tempo no que os nosos familiares ían a estes cines, e como unha parte da cultura pode unir tanto a dúas personas como os meus pais nunha pequena cidade...



1 comentario: