domingo, 10 de abril de 2016

Utopía ou distopía na tecnoloxía?

Eu non vou falar do típico de Galicia do envellecemento da poboación, do cambio climático, etc.
Fai uns días vin a película de "Kingman: Servicio Secreto" non sei se a viches pero ademais da beleza do protagonista, tamén hai que fixarse no futuro. Nesta película realizabase un avance en canto unha empresa ía regalar tarxetas SD para todos gratis con chamadas gratis, wifi gratis, etc pero por estas tarxetas podían controlar as emocion dos humanos.
E entón comecei a pensar todo o que a nova tecnoloxía está influíndo nas nosas vidas, e polo tanto pensei: como será a tecnoloxía dentro duns 30 anos cando eu teña 48, osea no 2046?
Investiguei esa tecnoloxía e mirade o que atopei:

  • Alimentos
José Cordeiro (asesor da NASA) asegura que nun futuro consumiremos alimentos novos que son máis nutrituvos, ecolóxicos, etc. É dicir por exemplo tendo carne cultivada, sen matar animais, senón que se fará no laboratorio.
Un avance desta teoría é que Mark Post e o seu equipo crearon a primeira hamburguesa artificial no 2013.



Consecuencia: En relación a Galicia imaxino a miña vida comendo estes alimentos e todo o mundo abandoando a caza, a pesca e o cultivo. Entón en Galicia todas as persoas que dedícanse a agricultura, gandería, etc de que vivirían? Esto produciría un gran paro e un abandono do mundo rural nas nosas terras.

  • Aspecto físico
José Cordeiro tamén afirma que é moi posible que para o ano 2044 o home sexa mitad humano e robótico. E o humano terá órganos e partes do corpo modificadas.
Porque di que xa existen os primeiro "cyborgs" con implantes que xudan a ver o mellorar as nosas función. E incluso xa existen tamén manos robóticas con sentido do tacto.


Consecuencia: En canto a Galicia considero que podería ser unha gran vantaxe sobretodo en relación a enfermidades que precisen transplantes, ou nos amputacións, etc. Esto non xeraría moito paro en Galicia xa que por exemplo perderían os masaxistas os médicos, etc pero tamén sería un avance porque precisaría moito traballo na robótica. Eu imaxino o meu futuro con 48 anos tendo nenos, e estes nenos aínda que podan ter algunha enfermidade tería a seguridade de que a robótica axudaríalles.

  • O transporte terrestre
É un trasporte tipo AVE chamado "Hyperloop" e está diseñado por Elon Musk. Ocurríuselle este proxecto cando quedou decepcionado trás escoitar os plans de trens de alta velocidade entre San Francisco en Os Ánxeles (550 km). Entón presentou un informe de 57 páxinas deste proxecto.
Trátase dunha cápsula de pasaxeiros (28 en cada cápsula) que vai a gran velocidade (uns 1.220 km) por un tubo de aceiro no que hai unha baixa presión do aire e tardaríase 35 min.


Consecuecia: Asumamos que esto chegaría moito máis tarde, porque nin o AVE chegou aínda a Galicia, como todo.. Pero con 48 anos eu estaría mirando como constrúen estes trens en distancias como Madrid- Barcelona, e desexando comprar un billete para que eu coa miña familia podamos facer estes recorridos en media hora. E para Galicia supondría unha conexión enorme co resto de España, xa que ao estar un pouco "aislados" podería supoñer un aumento tanto no turismo como en relacións comerciais.

  • O transporte aéreo
A compañía aeronáutica Airbus predice como será o avión no 2050, aquí vos deixo un video con todas as características deste avión:


Consecuencia: Deste modo podería ter un aspecto negativo xa que serían moito más caros os billetes de avión e polo tanto non tería o dinero para desprazarme de Galicia ata outros países. Entón os galegos quedaríamos redimidos a permanecer en Galicia ou en España, perxudicando o turismo.

Esto é o máis relevante que atopei con datos históricos,xa que sobre o ano 2048 exiten ideas pero que sen embargo non se sustentan nun estudo. E isto é o primordial que afectaríanos no día a día.
Vos deixo tamén un prezi con algúns datos:




Con esta entrada vos quería facer entender que o avance da tecnoloxía pode ter consecuencias tanto negativas como positivas en Galicia, xa que a nosa terra ten un carácter tradicional e rural que é o que a fai tan bela. Deberíamos ter coidado para non estropear estes patrimonios culturais que temos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario