domingo, 3 de abril de 2016

Pinturas en galego

Sentada no sofá da miña casa pensando na próxima entrada que debería facerlle a Manolo, e nese tránsito de mirar á nada e pensar en nada, fixei a vista no armario de en frente onde atopáse a tele. Pero non miraba a tele senón a unha parte do armario que atópase unha pintura da miña avóa.



A miña avóa é unha artista, pero non recoñecida, senón por afición e non vive diso. E polo tanto quixen facer unha homenaxe de máis pintores galegos. Pero descubrín a gran cantidade de pintores galegos e entín o que fixen é seleccionar aos que máis me chamaron a atención.
Estes son os meus elixidos:


  • Diego de Giráldez:
Manuel Diego Gómez de Giráldez naceu en A Cañiza (Pontevedra) en 1956. 
Dende pequeno xa practicou a pintura, pintaba con carbones de "lareira" sobre papel de estraza, de envolver o pan, os que a súa nai desechaba.
Aos seis anos de idade morre o pai e transládase coa súa nai a Vigo e vai formándose en mediciña, anatomía, pintura e escultura. Pero pouco despois comeza a destacar como debuxante, ata que expone por primeira vez dende 1975 cun increble éxito. Realiza máis de 100 exposicións por toda España, e logo por Europa e máis tarde o resto do mundo.
A súa pintura caracterízase polo Realismo NAS (que é o iniciador) isto é o naturalismo, abstracción e surrealismo. Tamén ten frecuencia do onírico, da fantasía, do misterio,etc. A súa técnica do realismo consiste en representar un obxecto normal e centralo en el para que sexa por exemplo "O ovo".
Tamén realiza cadros relixiosos pero representan un mundo diferente.
E teñe unha obsesión polos galos mortos.




  • José Otero Abeledo "Laxeiro":
É máis coñecido por Laxeiro, naceu en Lalín no 1908 e morreu en Vigo o 21 de xulio de 1996.
Emigrou a Cuba cos seus paiis e traballou en tareas artesanais como o gravado na vidriería e estuda debuxo no Centro Galego. Ata que volveu a Galicia por unha enfermidade, e o axuda o concello de Lalín para estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.
En 1934 expoñe de maneira individual por primeira vez na Facultade de Filosofía e Letras. Que caracterizouse polas formas volumétricas, ausencia do costumbrismo, temática campesiña, mitos, etc.
Durante a Guerra Civil vai forzoso como soldado a Asturias e neses anos debuxa e pinta varios retratos.
De novo marcha a Buenos Aires onde realiza unha amplísima obra e máis tarde regresa a España.
A súa pintura caracterízase por 3 etapas: a inicial, ten pegadas de mundos de ensoñación, barroquismo en con cores terras e ocres. A segunda é máis personal e intensa, onde ten o tema folclórico e relixioso. E a terceira etapa é cubista, con figuras con siluetas e cores planos e intensos.




  • Manuel Colmeiro Guimarás:
Naceu en Silleda (Pontevedra) en 1901 e morre en Salvaterra do Miño (Pontevedra) en 1999.
Emigrou a Buenos Aires dende novo e durante un ano estudou por libre na Academia de Belas Artes que abandonou para formar un grupo de traballo con escultores e pintores. Realizou moitas obras nesta etapa que caracterízase por obras expresionistas que as destruíu antes do regreso a Galicia en 1926.
A súa primeira exposición foi no Faro de Vigo en 1928.
Déronlle unha beca para estudar en París e cando regresou recluíuse na súa casa.
A súa pintura caracterízase polo intimismo, con representacións de escenas rurais, faenas domésticas. Tamén realiza paisaxes e bodegóns, nos que teñen moito cor. Tamén renuncia a homenaxes, e fai un debuxo esquemático. Incluso tamén teñe relacións co cubismo, e influencias de rostros curvos, etc.




  • José Castillo Casalderrey:
Naceu en Pontevedra no 1933.
Emigra a Arxentina onde o seu pai morre polas razóns políticas.
Estuda dunha maneira irregular, fai traballos manuais, escribe relatos, estuda debuxo técnico. Pero xa dende pequeno realiza ilustracións.
E dende 1950 céntrase na pintura e trata amistad con outros pintores galegos.
Logo regresa a España onde cumpre servizo militar pero tamén pinta. E as súas obras comeza a expandirse por Europa e Nueva York.
En 1969 foi invitado a traballar un ano en Berlín onde realiza moitas pinturas.
A súa pintura caracterízase por achegarse ao surrealismo, con as veces un hiperrealismo moi persoal e tamén teñe unha etapa testimonial nos seus cadros en Nueva York.



  • Arturo Souto Feijoo:
Nace en Pontevedra en xulio de 1902 e morre o 3 de xulio de 1965. O seu pai foi pintor, polo tanto levoulle a vivir en diferentes lugares ata que establécense en Sevilla en 1920.
Arturo comeza coa pintura dende neno e como pasan os veráns en Galicia pinta temas como ambientes rurais, mariños, etc.
E dous anos despois vai a Madrid e ingresa na Escola de Belas Artes de San Fernando. Ata que teñe que facer o servizo militar en Vigo.
Pero a súa primeira exposición faina en Vigo en 1925.
Reúne diñeiro para viaxar a París e concédenlle unha beca, onde recibe influencias.
Logo volve a España realiza moitas obra, facendo moitas exposicións ata chegar a cidades europeas.
Por apoiar ao bando republicano ten que emigrar a Cuba onde expón en direrentes lugares de América.
En 1962 volve a Vigo para facer unha exposición pero foi un fracaso e os seus amigos non lle faen caso.
A súa pintura caracterízase por ter unhas etapas: a primeira é un modernismo elegante, mundano, etc. Outra é francesa. Logo outra é italiana. Outra é influencia do xaponés no que ten unha influencia persoal con moito cor. E por último é a americana moi hierática, cores neutros, etc.




  • Eugenio Granell:
Naceu en Coruña en 1912 e faleceu en Madrid en outubre do 2001.
Pasou a infancia en Santiago de Compostela onde estudou o bachiller, pero trasladouse en Madrid onde meteuse na política. E por iso na República foi detido, estando na cárcere.
Tivo que exiliar á Francia aos campos de concentración, e logo foi a América.
Comezou a pintar no 1941 na República Dominicana, onde ligouse ao surrealismo.
Logo marchou a Nueva York onde foi profesor ata chegar a xubilarse.
A súa pintura caracterízase polo cromatismo, con cores carmines, verdes, azuis, negros, etc. As siluetas son moi marcadas e producen contrastes cos fondos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario