domingo, 17 de abril de 2016

Cómo cambia...

Neste novo tema debemos imaxinar como sería Galicia en 30 anos, é dicir sobre o 2047. Entón púxeme a investigar sobre datos reais como sería Galicia nestes anos. E atopei unhas variación moi perxudiciais para Galicia que senón facemos algo podería ir a peor. Mirade:
  • Temperatura
- O cambio climático vai afectar gravemente a Galicia nos próximos anos. O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural afirma que para os ano 2050 a temperatura galega aumentará 2 grados, sendo así os veráns máis secos.

http://www.crtvg.es/informativos/en-2050-a-temperatura-en-galicia-sera-dous-graos-maior

- O Observatorio da Sostenibilidad Española afirma que existirá nuns 30 anos unha "mediterranización do norte" esto quere dicir que en Galicia producirase un cambio con menos precipitacións (reducíndose un 11,4%) e máis calor e a expansión de peixes subtropicais nas costas galegas.

- Un estudo científico afirma que os días de neve reducíronse moito, e calculan que sobre o 2040 Galicia poderíase quedar sen neve.

http://bcove.me/ued361bo

Consecuencia: Nós non notarímos en gran cantidade estes cambios pero os animais, a vexetación, os solos, etc si sufrirían graves consecuencias.




  • Poboación
Na Xunta de Galicia, a consellería de traballo, Beatriz Mato, calcula que en 36 anos, Galicia perderá casi o 40% da súa poboación, perdendo casi un millón de habitantes no ano 1951 (pasando dos 2,7 millóns actuais, 2,2 millóns no 2031 a 1,7 millóns no 2051 que realizan estes cálculos a partir no Instituto Nacional de Estadística e do Instituto Galego de Estadística). As causas desta pérdida son o estalido da crise económica no que reduciu a inmigración e a fecundidade que reducirase nun 27% e polo tanto aumenta o envellecemento da poboación.
Consecuencia: Posiblemente eu con 48 anos, sería unha desas persoas que abandonarían Galicia polo envellecemento da poboación e a búsqueda de novas oportunidades fora, e recordaría a Galicia da miña infancia chea de vida e de nenos. Queréndolles ensinar aos meus nenos o galego con moita morriña.


  • Costas
O instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria e o Ministerio do Medio Ambiente fan un estudo e afirman que o cambio climático nos próximos 35 anos, sobre o 2050 comerá 30 metros do litoral das costas galegas. E que o nivel do mar galego subirá ata os 30 centímetros.
Isto afectará dende a actividade nos portos, como no turismo, como a destrucción do ecosistemas como praias, bosques, etc.
Consecuencia: Imaxino o futuro onde estas praias tan impresionantes que temos serían espazos protexidos quedando moi poucos e non poderíamos disfrutar deles senón facer visitas para recordar como estaba antigamente.



  • Inmigración
O Foro Económico de Galicia e o Círculo de Empresarios de Galicia fixeron un estudo sobre a demografía de Galicia no que se precisa que teña unha inmigración de 20.000 mulleres para manter o número de nacementos no 2050. E queren propoñer un programa de atracción a inmigrantes que poñeríase en función co aumento do empleo.
Consecuencia: A reducción dos nacementos notaríase gravemente dende os parques ata o paro na educación xa que sobrarían tanto escolas como mestres.



  • Bosques
O 20% dos bosques galegos desaparecerán antes do ano 2060, según a Organización ecoloxista WWF Adena. Xa que os bosques galegos están en perigo porque sufriu uns 150.000 incendios dende 1995, e polo que se queimó o 6% da superficie forestas nestes últimos anos. E afirman que se non se poñe solución, a cantidade de incendios e a a desaparición destes bosques triplicarían nuns anos. 
Para reparar este problema antes do 2030 deberíase plantar unhas 2,6 millóns de hectáreas, é dicir, plantar uns 2.000 millóns de árbores e arbustos.
Consecuencia: Neste caso, aumentarían os incendios e polo tanto a peligrosidade, transladándose a poboación á cidade.  



  • Especies naturais
O Ministeiro de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño fixo un estudo chamado "Impactos, Vulnerabilidade e Adaptación da Biodiversidade Española ao cambio climático" no que se aprecia que en Galicia nas próximas décadas podería perder o 70% das súas especies de flora e fauna. En canto a fauna, o informe revela que desaparecería o 30% dos ecosistemas aptos para o 67% dos reptiles e mamíferos e para o 63% das aves.
Consecuencia:  Nuns anos, desaparecerían algunhas especies e polo tanto recordaría eses animais ou plantas que eu vin de pequena e que agora xa non se atopan, e reduciríase a beleza desa cantidade de natureza que ten Galicia.


Déixovos tamén un prezi onde atópanse unhas estadísticas sobre estes temas:


No hay comentarios:

Publicar un comentario